Gerta Keller
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 1945 Schaan, Liechtenstein |
| Educación | Universidade Stanford - doutoramento (–1978) Universidade Estatal de San Francisco |
| Tese académica | North Pacific biostratigraphy and paleoceanography of DSDP sites 173, 310, 296 (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | paleontóloga, xeóloga, profesora universitaria |
| Empregador | Universidade de Princeton, profesora (1984–) Universidade Estatal de San Francisco |
| Premios | |
| |
Gerta Keller, nada en 1945, é unha paleontóloga estadounidense que estuda o cráter de Chicxulub como presunta localización do impacto do meteorito que provocou a extinción masiva do Cretáceo-Terciario (extinción dos dinosauros) pola hipótese de Luis Walter Álvarez. Ela sostén que ese meteorito non é a causa da grande extinción. Keller é actualmente profesora de Ciencias da Terra, na universidade de Princeton. Keller obtivo o doutoramento en paleontoloxía e xeoloxía de Stanford en 1978. Ingresou na universidade de Princeton en 1984 e despois dalgúns anos comezou a estudar o límite de K/T, a firma xeolóxica do acontecemento Cretáceo-Terciario.