Germán García Armesto
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Viana do Bolo |
| Morte | 29 de xaneiro de 1961 Viana do Bolo |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | farmacéutico |
| Familia | |
| Irmáns | Avelino García Armesto José Cayetano García de Armesto |
Germán García Armesto, nado en Viana do Bolo e finado no mesmo concello o 29 de xaneiro de 1961, foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Ricardo García Adánez, farmacéutico orixinario de Pobra de Seabra e de Antonina Armesto López, afincados en Viana. A súa infancia transcorreu entre Viana e Ourense, cidade onde fixo o bacharelato. Tras cursar os estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, obtendo a licenciatura en 1902, instalouse como farmacéutico en Viana do Bolo. Foi deputado provincial por Viana do Bolo, e na ditadura de Primo de Rivera foi delegado rexio de Primiera Ensinanza. Colaborou en El Pueblo Gallego.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en San Pedro de Nós con Mercedes Ávila Cuadra, sobriña da condesa de Bugallal, o 15 de abril de 1910.[2] Mercedes finou en 1933.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vázquez García, Rosa Mª Livia (2023). "Polos pelerinaxes da nosa historia: de Ourense a Palas de Rei, o boticario e alcalde de Palas Avelino García Armesto". Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns (6): 82–94.