Georgi Dobrovolski
Georgi Dobrovolski | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 1 de xuño de 1928 |
Lugar | Odesa |
Falecemento | 30 de xuño de 1971 |
Nacionalidade | Soviético |
Actividade | |
Misións | Soiuz 11 |
Tempo no espazo | 23,76 días |
Premios | Orde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Medalha "por mérito de batalha", Piloto-Cosmonauta da URSS, Medalha do Jubileu "Em Comemoração ao 100.º Aniversário do Nascimento de Vladimir Ilitch Lenin", Jubilee Medal "Twenty Years of Victory in the Great Patriotic War 1941–1945", Medalha do Jubileu de 30 anos do Exército e Marinha Soviéticas, Jubilee Medal "40 Years of the Armed Forces of the USSR", Medalha do Jubileu de 50 anos das Forças Armadas da URSS, sen etiquetar, Medal "For Impeccable Service", 2nd class e Medal "For Impeccable Service", 1st class |
[ editar datos en Wikidata ] |
Georgi Timofeievich Dobrovolski foi un cosmonauta soviético que participou na misión Soiuz 11 e que formou parte da primeira tripulación enviada á primeira estación espacial, a Saliut 1. Pasou un total de 23,76 días no espazo e faleceu ao regreso da misión xunto co resto dos tripulantes debido á despresurización da cápsula durante a reentrada, o 30 de xuño de 1971.
Dobrovolski naceu o 1 de xuño de 1928 en Odesa, Ucraína. Gradouse Academia Militar da Forza Aérea en Monino, oblast de Moscova, en 1961. Foi seleccionado como cosmonauta e adestrado entre 1963 e 1965.
Unha rúa en Kaluga, unha escola en Odesa e un asteroide levan o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- Mark Wade (2019). "Dobrovolsky, Georgi Timofeyevich" (en inglés). Consultado o 24 de novembro de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georgi Dobrovolski |