Georgi Babakin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorgi Babakin

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1914 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de agosto de 1971 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Moscova (Unión Soviética) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronáutica Editar o valor em Wikidata
OcupaciónQ10497074 Traducir , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorLavochkin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Membro de
Premios

Georgi Nikolaievich Babakin, nado o 14 de novembro de 1914 e finado o 3 de agosto de 1971, foi un enxeñeiro que traballou no programa espacial soviético.[1]

Biografía[editar | editar a fonte]

Babakin finalizou os estudos na escola de especialistas en radio en 1930, comezando a súa carreira na Comisión Popular de Comunicacións. Entre 1937 e 1943 foi investigador na Academia de Economía da Comunidade e entre 1943 e 1945 traballou en varios institutos de investigación militar. En 1949 comezou a traballar en electrónica de foguetes, chegando a un posto na oficina de deseño de Lavochkin. En 1957 completou a súa educación formal no Instituto Electrotécnico de Comunicacións para Toda a Unión e en 1965 foi nomeado como xefe de deseño na oficina de Lavochkin. Desde ese posto supervisou o deseño, desenvolvemento e produción de varias sondas espaciais, como a Mars 3 (a primeira sonda en poñer un obxecto humano na superficie de Marte), Luna 16 (primeiro retorno automático de mostras lunares), Luna 20 e Venera 7 (primeira aterraxe suave na superficie de Venus). Finou o 3 de agosto de 1971, á edade de 57 anos. En 1973 a Unión Astronáutica Internacional nomeou un cráter[2] no lado oculto da Lúa co seu nome.[1][3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Babakin, Georgi Nikolayevich" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  2. Kripkit, ed. (2022). "Cráteres De Babakin (Luna)" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  3. New York Times, ed. (5 de agosto de 1971). "GEORGI BABAKIN, SOVIET SCIENTIST" (en inglés). p. 36. Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  4. persona.rin.ru, ed. (2022). "Babakin Georgy" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2022. 
  5. GTD, ed. (18 de maio de 2010). "Las huellas soviéticas en la Luna" (en castelán). Consultado o 30 de agosto de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]