Georges M. Saad Abiyounes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorges M. Saad Abiyounes
Biografía
Nacemento18 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Hammana (Líbano) Editar o valor em Wikidata
Bishop of Our Lady of the Martyrs of the Lebanon in Mexico (Maronite) (en) Traducir
22 de febreiro de 2003 –
← Pierre Wadih Tayah (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeLíbano
México Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica maronita Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (2003–), sacerdote católico (1977–), presbítero regular Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrdem Maronita Libanesa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónNasrala Pedro Sufair Editar o valor em Wikidata

Georges M. Saad Abiyounes, O.L.M., ou Xurx Sad Abi Yunis[1] (en árabe: جورج سعد أبي يونس[2]), nado en Hamana (Líbano) o 18 de abril de 1948, é un relixioso baladita e bispo maronita, dende 2003 bispo de Nosa Señora dos Mártires do Líbano en México.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Hamana, unha vila da gobernación do Monte Líbano, o 18 de abril de 1948.[3] O 17 de xaneiro de 1970 fixo os votos perpetuos como membro da Orde Libanesa Maronita, e posteriormente curso estudos de Filosofía na Universidade Espírito Santo de Kaslik.[3] O 3 de xullo de 1977 foi ordenado sacerdote.[3] En 1979 doutorouse en Filosofía, e ao ano seguinte rematou os estudos de Teoloxía.[3] Ademais da súa formación académica, domina o árabe, o francés, o inglés, o castelán e o arameo.

Logo de ser ordenado sacerdote, até 1984 foi párroco en Bait Xabab. En 1984 trasladouse ao Canadá, co comezo da actividade misioneira dos baladitas no país.[3] Pasou á misión México en 1988, e en 1995 pasou a ser o superior da misión, e párroco dos maronitas en Cidade de México. Entre 1997 e 2002 foi tamén protosyncellus da eparquía de México.[3]

O 22 de febreiro de 2003 foi nomeado bispo da eparquía de Nosa Señora dos Mártires do Líbano en México polo papa Xoán Paulo II.[4][3] Recibiu a ordenación episcopal o 26 de abril seguinte, de mans do patriarca Nasrala Pedro, e tivo como co-ordenantes ao bispo Rulan Abu Xauda e ao arcebispo Yusif Muhsin Bixara.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén citado como George Saad Abi Younes, Georges Saad Abi Younes, Georges Abi Younès, George Abi Yunes, George S. Abiyunes.
  2. "أعضاء السينودس" [Membros do Sínodo]. Patriarcado maronita de Antioquía (www.bkerki.org) (en árabe). Arquivado dende o orixinal o 18/02/2021. Consultado o 10/12/2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 "Nomina del vescovo dell'eparchia di Nuestra Señora de los Mártires del Líbano en México dei maroniti (Messico)". Bollettino della Sala Stampa della Santa Sede (en italiano) (Salla Stampa della Santa Sede) (B0094). 22 de febreiro de 2003. Consultado o 11/12/2020. 
  4. 4,0 4,1 "Liturgia". Maronitas. Revista informativa trimestral de la Unión Maronita de México, A.C. (en castelán) (32-33): 55. Decembro de 2010. 2003 El 22 de febrero fue nombrado por S. S. el Papa Juan Pablo II, el R. P. George Saad Abiyunes o.l.m., nuevo obispo de la Eparquía Maronita de México. El 26 de abril fue Ordenado obispo de la imposición de las manos de Su Beatitud Nesrala Boutros Sfeir, Patriarca Maronita, y de los obispos Roland Abou Jaoudé y Yousef Bechara', en la Basílica de Ntra. Sra. de Líbano en Harrisa.