Saltar ao contido

Georges Hausemer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorges Hausemer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1957 Editar o valor en Wikidata
Differdange, Luxemburgo Editar o valor en Wikidata
Morte13 de agosto de 2018 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
EducaciónPrograma Internacional de Escritura Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor, debuxante, xornalista, escritor, editor literario Editar o valor en Wikidata
Membro de

Facebook: georges.hausemer Editar o valor en Wikidata

Georges Hausemer, nado en Differdange o 1 de febreiro de 1957 e finado en Luxemburgo o 13 de agosto de 2018[1], foi un escritor, tradutor e editor luxemburgués.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu na terceira localidade do país pero medrou nas pequenas vilas de Stengefort, Péiteng, Waasserbëlleg, Mäertert e Hoen. Estudou en Salzburgo e Maguncia xornalismo e filoloxía románica, especializándose en filoloxía hispánica. Dende 1984 traballou como xornalista independente, tradutor, editor e escritor. En 1993 realizou un espazo quincenal na emisora Radio 100, 7 titulado Schwaarz op wäiss e aquí presentaba numerosos reportaxes de viaxes[2].

Viviu nos Estados Unidos, onde representou a Luxemburgo no International Writing Program en Iowa en 1988, así como en España mais en Berlín, e a partir de 1995 viaxou por Asia (Tailandia, a India, o Nepal, a China), África (o Senegal, Malí, Burkina Faso, Níxer), e por América. Foi un dos membros fundadores en 1986, e  ata 1991 o seu secretario, da Asociación Luxemburguesa de Escritores. No verán de 2012 fundou canda Susanne Jaspers a editorial Capybara Books. En 2017 levou o premio nacional de literatura luxemburgués, o Batty Weber. Tras dous anos batallando contra o cancro[3] feneceu na capital luxemburguesa.

En 1975 publicou o seu primeiro libro, Situationen : Lyrik und Prosa, unha colleita de poemas e narracións. De 1985 é a súa primeira novela Das Buch der Lügen. A partir de 1978 e ao longo da década seguinte realizou primeiro con Josiane Geisler e logo en solitario traducións ao alemán de ciencia ficción, e posteriormente doutros xéneros do francés, inglés e español). Ademais, escribiu textos en xornais, revistas e antoloxías. Dende 1995 publicou crónicas de viaxes en diversos xornais: Frankfurter Allgemeine Zeitung, Frankfurter Rundschau, Süddeutsche Zeitung, Neue Zürcher Zeitung, Der Standard,  ou Telecran. Foi autor dun dicionario enciclopédico, o Luxemburger Lexikon (2006). A maior parte da súa obra publicouna en alemán; en luxemburgués é autor da novela Iwwer Waasser (1998) e do conto infantil Dem Sibbi seng Wierder (2008), ilustrado por Anja Thielen. Máis prolífico foi nas traducións ao luxemburgués, principalmente de libros infantís pero tamén da novela Vu Wëlwerwolz op Kalkutta (Paradiese, Überseede) de Felicitas Hoppe en 2014. Traduciu ao alemán dúas obras autor luxemburgués Roger Manderscheid a finais da década de 1990.

  • Das Buch der Lügen: Roman, F. Schneekluth, München 1985, 198 S. (Münchner Edition).
  • Milan 412: Notizen und Berichte, Ėditions Guy Binsfeld, Luxemburg 1987, 95 S.
  • Kleines luxemburgisches Sittenbild: Roman, Alano Verlag, Aachen 1989, 141 S. (Edition Luxemburger Autoren, Bd. 1).
  • Das Institut, Op der Lay, Esch-Sauer 1989, 81 S.
  • Der Spanier in meinem Zimmer: Stories, Op der Lay, Esch-Sauer 1992, 149 S.
  • Hornissen schießen: kleine Prosa, Eric van der Wal, Bergen (Holland) 1993, n.p.
  • Die Gesetze der Schwerkraft: Erzählung, Ėditions Phi, Echternach 1995, 124 S.
  • Die Tote aus Arlon: 39 Geschichten (mit einem Nachwort von Roger Manderscheid und Radierungen von Ursula Frerich), Gollenstein Verlag, Blieskastel 1997, 236 S.
  • Luxemburg kulinarisch: Küche, Land & Leute, Ėditions Guy Binsfeld, Luxembourg 1997, 236 S. (zesumme mam Guy Hoffmann an dem Sylvie Bisdorff).
  • Iwwer Waasser, Ėditions Phi, Iechternach 1998, 191 S.
  • Im Land der Mauren und Olivenhaine: andalusische Streifzüge, Picus Verlag, Wien 2000, 131 S. (Picus Lesereisen).
  • D'Stad Lëtzebuerg: die Stadt Luxemburg: Streifzüge und Impressionen. Ėditions Guy Binsfeld, Luxemburg 2000, 233 S. (zesumme mam Robert Kieffer).
  • Der lächelnde Elefant in der Rushhour: thailändische Szenerien. Picus Verlag, Wien 2002, 132 S. (Picus Lesereisen).
  • Und abends ein Giraffenbier: Reisegeschichten, Ėditions Guy Binsfeld, Luxembourg 2006, 301 S.
  • Die heiligen Ratten von Deshnok: eine indische Reise, Ėditions Saint-Paul, Luxembourg 2008, 140 S.
  • Dem Sibbi seng Wierder, Ėditions Guy Binsfeld, Luxembourg 2008, n.p. (Kollektioun: MiniBuch ; Bd. 1) [e Kannerbuch].
  • Mit dem Groβherzog am Mittagstisch: Luxemburger Grenzgänge, Picus Lesereisen, Picus Verlag, Wien, 2009, 132 S.
  • Lesereise Baskenland: die kochenden Kerle von der Muschelbucht, Picus Lesereisen, Picus Verlag, Wien, 2010, 132 S.
  • Con Dao: Erzählungen, Ėditions Guy Binsfeld, Luxemburg 2011, 170 S.
  1. De Georges Hausemer am Alter vun 61 Joer gestuerwen RTL, 16 de agosto de 2018
  2. "Georges Hausemer" Dictionnaire des auteurs luxembourgeois
  3. "L'auteur Georges Hausemer est décédé", L'essentiel, 14 de agosto de 2018