George Francis FitzGerald

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Francis FitzGerald

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) George Francis Fitzgerald Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de agosto de 1851 Editar o valor em Wikidata
Dublín Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1901 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Dublín Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMount Jerome Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
EducaciónTrinity College Dublín Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfísico , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTrinity College Dublín Editar o valor em Wikidata
Membro de
Royal Society (1883–)
Maxwellians (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: FitzGerald-7155

George Francis FitzGerald, nado en Dublín o 3 de agosto de 1851 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 1901, foi un profesor irlandés de "filosofía natural e experimental", é dicir, de física, no Trinity College de Dublín durante o último cuarto do século XIX. FitzGerald é coñecido polo seu traballo na teoría electronmagnética e pola contracción de Lorentz–FitzGerald, que chegou a ser unha parte integral da teoría da relatividade especial de Einstein.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

FitzGerald naceu no número 19 de Lower Mount Street en Dublín o 3 de agosto de 1851 fillo do reverendo William FitzGerald e a súa esposa Anne Frances Stoney (irmá de George Johnstone Stoney e Bindon Blood Stoney).[1] Profesor de Filosofía Moral no Trinity e vigairo en St Anne's, en Dawson Street, no tempo en que naceu o seu fillo, William FitzGerald foi consagrado bispo de Cork, Cloyne e Ross en 1857 e trasladado a Killaloe e Clonfert en 1862. George volveu a Dublín e ingresou no Trinity como estudante aos dezaseis anos. Converteuse en Fellow de Trinity en 1877 e pasou o resto da súa carreira alí, pasando a ser profesor de Filosofía Natural e Experimental na cátedra "Erasmus Smith" en 1881.

Xunto con Oliver Lodge, Oliver Heaviside e Heinrich Hertz, FitzGerald foi unha figura fundamental entre o grupo dos "maxwellianos" que revisaron, clarificaron e confirmaron as teorías matemáticas de James Clerk Maxwell sobre o campo electromagnético durante as décadas de 1870 e 1880.[2]

En 1883, seguindo as ecuacións de Maxwell, FitzGerald foi o primeiro en suxerir un aparello para producir correntes eléctricas oscilantes rapidamente para xerar ondas electromagnéticas, fenómeno que se observou que existían experimentalmente por primeira vez polo físico alemán Heinrich Hertz en 1888.[3]

FitzGerald sufriu moitos problemas dixestivos durante gran parte da súa curta vida. Púxose moi enfermo por problemas estomacais e faleceu na súa casa, o 7 de Ely Place[4] en Dublín, pouco despois dunha operación por unha úlcera perforada o 21 de febreiro de 1901. Está enterrado no cemiterio de Mount Jerome.

Placa no 7 Ely Place de Dublín, onde viviu FitzGerald

Contracción da lonxitude[editar | editar a fonte]

FitzGerald é coñecido pola súa conxectura na breve carta ao editor de Science titulada "The Ether and the Earth's Atmosphere" (1889) de que todos os obxectos móbiles eran escorzados na dirección do seu movemento, que explicaría os curiosos resultados nulos do experimento de Michelson–Morley. FitzGerald baseou a súa idea en parte na forma en que as forzas electromagnéticas se sabía que estaban afectadas polo movemento. En particular, FitzGerald empregou algunhas ecuacións que foran deducidas pouco tempo antes polo seu amigo Oliver Heaviside, enxeñeiro eléctrico. O físico neerlandés Hendrik Lorentz deu cunha idea moi similar en 1892 e desenvolveuna máis nas transformacións de Lorentz, en conexión coa súa teoría dos electróns.

A hipótese da contracción de Lorentz–FitzGerald (ou contracción de FitzGerald–Lorentz) converteuse en parte esencial da teoría da relatividade especial, publicada en 1905 por Albert Einstein. Demostrou a natureza cinemática deste efecto, derivándoo do principio da relatividade e a constancia da velocidade da luz.

Familia[editar | editar a fonte]

FitzGerald casou o 21 de decembro de 1885 con Harriette Mary, filla do reverendo John Hewitt Jellett, reitor do Trinity College de Dublín. Tiveron tres fillos e cinco fillas.[5]

FitzGerald era sobriño de George Johnstone Stoney, físico irlandés que cuñou o vocábulo "electrón". Despois de que as partículas fosen descubertas por J. J. Thomson e Walter Kaufmann en 1896, FitzGerald foi o que propuxo chamales electróns. FitzGerald era tamén sobriño do eminente enxeñeiro irlandés Bindon Blood Stoney e primo da física médica Edith Anne Stoney.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1883, foi elixido membro da Royal Society e en 1899 recibiu a Royal Medal polas súas investigacións en física teórica. En 1900 fixérono membro honorario da Royal Society of Edinburgh.[5]

Un cráter na cara oculta da Lúa recibe o seu nome, igual que un edificio do Trinity College de Dublín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hockey, Thomas (2009). The Biographical Encyclopedia of Astronomers. Springer Publishing. ISBN 978-0-387-31022-0. Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  2. Bruce J. Hunt (1991) The Maxwellians, Cornell University Press
  3. Professor Reville, William (2001). George Francis FitzGerald – Eminent Irish Physicist Arquivado 29 de novembro de 2016 en Wayback Machine.
  4. Biographical Index of Former Fellows of the Royal Society of Edinburgh 1783–2002 (PDF). The Royal Society of Edinburgh. xullo de 2006. ISBN 0 902 198 84 X. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2013. Consultado o 01 de xullo de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Lees, Charles Herbert (1912). "FitzGerald, George Francis". Dictionary of National Biography (2nd supplement). Londres: Smith, Elder & Co.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]