Saltar ao contido

George Edward Cokayne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGeorge Edward Cokayne

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Edward Adams Editar o valor en Wikidata
29 de abril de 1825 Editar o valor en Wikidata
Morte6 de agosto de 1911 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Rei de Armas de Norroy e o Ulster
1882 –
Heraldo de Lancaster
1870 – 1882
Rouge Dragon Pursuivant
1859 – 1870 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónExeter College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxenealoxista, Barrister Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeMary Dorothea Gibbs (1856–valor descoñecido) Editar o valor en Wikidata
FillosBlanche Dorothea Cokayne, Caroline Louisa Cokayne, Borlase Warren Cokayne, Mary Beatrice Georgiana Adams, Sylvia Beatrice Cokayne, Brien Cokayne, 1st Baron Cullen of Ashbourne, Morton Willoughby Cokayne, Francis Stewart Cokayne Editar o valor en Wikidata
PaisWilliam Adams Editar o valor en Wikidata  e Mary Anne Cokayne Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de abril de 1853call to the bar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography, second supplement (en) Traducir
Alumni Oxonienses: the Members of the University of Oxford, 1715–1886 (en) Traducir
The Times Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Adams-25246

George Edward Cokayne, nado en Londres o 29 de abril de 1825 e finado na mesma localidade o 6 de agosto de 1911, foi un xenealoxista inglés e oficial de armas do College of Arms de Londres, que chegou ao rango de Clarenceux King of Arms. Escribiu obras de referencia que se converteron en estándar como The Complete Peerage e The Complete Baronetage .

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Primeiro volume de The Complete Peerage

Naceu na Russell Square[1], o cuarto fillo do avogado William Adams e Mary Anne Cokayne, filla do vizconde Cullen. Recibiu o nome de bautismo de George Edward Adams, pero o 15 de agosto de 1873 asumiu o apelido e armas dos Cokayne por licenza real consonte as disposicións testamentarias de súa nai. Tras recibir unha educación privada na casa, como era habitual na época, entrou o 6 de xuño de 1844 no Exeter College de Oxford, logrou o BA en 1848 e o mestrado en 1852. O Lincoln's Inn admitiuno como estudante o 16 de xaneiro de 1850 e entrou na avogacía o 30 de abril de 1853.

O 2 de decembro de 1856 casou con Mary Dorothea Gibbs, filla de George Henry Gibbs e de Caroline Crawley. A parella tivo oito fillos, dous homes e dúas mulleres sobreviviron a seu pai. Un dos seus fillos, Brien, foi gobernador do Banco de Inglaterra de 1918 a 1920 e ennobreceu en 1920 como barón Cullen de Ashbourne. Como parte da comitiva do principal oficial de armas do Royal College, o Rei de Armas Principal da Xarreteira, estivo en misións oficiais heráldicas en Portugal (1865), Rusia (1867), Italia (1868), España (1881) e Saxonia (1882)[2]. George Edward Cokayne morreu en Roehampton o 6 de agosto de 1911 aos 86 anos.

Colexio de Armas

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira heráldica no College of Arms de Londres co nomeamento en 1859 para un dos catro postos de pasavante de armas, o Rouge Dragon Pursuivant of Arms in Ordinary, e en 1870 promoveu a arauto co cargo de Lancaster Herald of Arms in Ordinary. En 1882 ascendeu a rei de armas, primeiro como Norroy King of Arms, cargo que ocupou ata o seu nomeamento como Clarenceux King of Arms en 1894 e que desempeñou ata a súa morte en 1911.

The Complete Peerage

[editar | editar a fonte]

A súa principal obra foi The Complete Peerage, que publicou como The Complete Peerage of England, Scotland, Ireland, Great Britain, and the United Kingdom Extant, Extinct, or Dormant por orde alfabética en oito volumes entre 1887 e 1898. Unha segunda edición totalmente revisada e ampliada apareceu entre 1910 e 1959 en doce volumes.

  1. Woods, G., & Hammond, P. (2004 (1912)). "Cokayne [formerly Adams], George Edward (1825–1911), genealogist". Oxford Dictionary of National Biography. 
  2. Fox-Davies, Arthur Charles (1910). Armorial Families: A Directory of Gentlemen of Coat-armour. p. 339.