George Arnott Walker-Arnott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Arnott Walker-Arnott
Nacemento6 de febreiro de 1799
Lugar de nacementoEdimburgo
Falecemento17 de abril de 1868
Lugar de falecementoGlasgow
SoterradoSighthill Cemetery de Glasgow
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversidade de Edimburgo
Ocupaciónbotánico, catedrático de universidade
PaiDavid Walker Arnott
CónxuxeMary Hay Barclay
Fillosoito
Linguafrancés, inglés
EstudosDereito (Mestrado en Artes)
OrganizaciónUniversidade de Glasgow
PremiosFellow of the Royal Society of Edinburgh e Fellow of the Linnean Society of London
editar datos en Wikidata ]

George Arnott Walker-Arnott (ás veces grafado George Arnott Walker Arnott), nado en Edimburgo o 6 de febreiro de 1799 e finado en Glasgow o 17 de xuño de 1868, foi un botánico escocés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

George Arnott Walker-Arnott era fillo de David Walker Arnott of Arlary. Asistiu á Milnathort Parish School e despois obtivo o Mestrado en Artes na Universidade de Edimburgo en 1818, ingresando na Facultade de Dereito desa universidade en 1821.[1]

Máis tarde fíxose botánico, estudando esta disciplina en América do Norte con Sir William Hooker. Colaborou con Robert Wight nos estudos da flora da India.

A partir de 1821 traballou en París. Asistiu a Hooker nos estudos de espécimes recollidos durante a viaxe de exploración científica da HMS Blossom, comandada por Frederick W. Beechey. A partir de 1839, foi asistente de Hooker en Glasgow e obtén, en 1845, a cátedra real de Botánica da Universidade de Glasgow.

William J. Hooker e George Arnott W-Arnott revisaron o material vexetal recollido en Australia por Alexander Collie, que foi enviado ao Reino Unido despois da morte de Walker-Arnott.[2]

Colaborou na redacción de Illustrations of Indian Botany e de Prodomus floræ peninsulæ indiæ orientalis, e con Hooker, de novo, na sexta edición de British Flora (1850).

Vida familiar[editar | editar a fonte]

En 1831 casou con Mary Hay Barclay, tendo oito fillos (tres varóns e cinco fillas).

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Disposition méthodique des espèces de mousses, 1825
  • Tentamen methodi muscorum (con Robert Kaye Greville), 1826
  • The botany of Captain Beechey's voyage, 1830–1841 (con William Jackson Hooker)
  • Prodromus florae peninulae Indiae orientalis (con Robert Wight), 1834

Honores[editar | editar a fonte]

Como académico[editar | editar a fonte]

Eponimia[editar | editar a fonte]

Xénero
Especies

Abreviatura[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Former Fellows of The Royal Society of Edinburgh 1783 – 2002 Arquivado 24 de xaneiro de 2013 en Wayback Machine..
  2. Ray Desmond (1994): Dictionary Of British And Irish Botanists And Horticulturists Including plant collectors, flower painters and garden designers. Boca Raton, Florida, Estados Unidos: CRC Press. ISBN 0-6506-6843-3.
  3. Mém. Soc. Hist. Nat. Paris¡¡ iv. 1828 29 (IK)
  4. Gen. Pl. [Bentham & Hooker f.] 2 (2): 781 1876 (IK)
  5. Refug. Bot. [Saunders] t. 9 (IK)
  6. Taxon 50 (2): 491 2001 (IK)
  7. Fl. Brit. India [J. D. Hooker] i 844 (IK)
  8. London J. Bot. 7: 20 1848 (IK)
  9. Bot. Zeitung Berlin 28: 371. 1870 (IF)
  10. Arnott, George Arnott Walker (1799-1868) no IPNI.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Robert Zander, Fritz Encke, Günther Buchheim & Siegmund Seybold, eds. (1984): Handwörterbuch der Pflanzennamen. 13ª ed. Stuttgart: Ulmer Verlag. ISBN 3-8001-5042-5.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]