George Armitage Miller

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGeorge Armitage Miller
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1920 Editar o valor em Wikidata
Charleston, Virxinia Occidental, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de xullo de 2012 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Plainsboro Township, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente da Asociación Americana de Psicoloxía
1969 – 1969 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - psicoloxía (1943–1946)
Universidade do Alabama (pt) Traducir - falar (–1941)
Universidade Harvard
Universidade George Washington (pt) Traducir
Charleston High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Director de teseStanley Smith Stevens (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPsicoloxía cognitiva e ciência cognitiva (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpsicólogo , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Princeton
Universidade Rockefeller (pt) Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade Harvard
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Membro de
Interesado enPsicoloxía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Find a Grave: 94689593 Editar o valor em Wikidata

George Armitage Miller, nado en Charleston o 3 de febreiro de 1920 e finado en Plainsboro o 22 de xullo de 2012, foi un psicólogo estadounidense, un dos fundadores da psicoloxía cognitiva, e en xeral da ciencia cognitiva. Tamén contribuíu ao nacemento da psicolingüística. Miller escribiu varios libros e dirixiu o desenvolvemento de WordNet, base de datos mundial en liña que poden emprgar os computadores. Escribiu o artigo "The Magical Number Seven, Plus or Minus Two" en que relata como observou que moitas achegas experimentais consideradas en conxunto revelan a presenza dun límite medio de sete para a capacidade humana da memoria a curto prazo. Este artigo é citado con frecuencia por psicólogos e na cultura xeral. Miller gañou numerosos premios, como a National Medal of Science.

Miller comezou a súa carreira cando a teoría que reinaba na psicoloxía era o condutismo, que rexeitaba o estudo dos procesos mentais e se centraba no comportamento observábel. Contrarioi a esta investigación, Miller desenvolveu técnicas experimentais e métodos matemáticos para analizar os procesos mentais, centrándose no discurso e na linguaxe. Traballou principalmente na Universidade Harvard no MIT e na Universidade Princeton e acabou por converterse nun dos fundadores da psicolingüística e unha figura primordial na fundación do novo campo da ciencia cognitiva arredor de 1978. Colaborou e co escribiu con outras figuras deses campos como Noam Chomsky. Por mover a psicoloxía ao campo dos procesos mentais e aliñar ese movemento coa teoría da información, a teoría da computación e a lingüística, está considerado un dos grandes psicólogos do século XX. Un estudo do Review of General Psychology, publicado en 2002, recoñeceu a Miller como o vixésimo psicólogo máis citado desa época.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Haggbloom, Steven J.; Powell, John L., III; Warnick, Jason E.; Jones, Vinessa K.; Yarbrough, Gary L.; Russell, Tenea M.; Borecky, Chris M.; McGahhey, Reagan; et al. (2002). "The 100 most eminent psychologists of the 20th century". Review of General Psychology 6 (2): 139–152. doi:10.1037/1089-2680.6.2.139. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]