George Abecassis
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de marzo de 1913 Walton-on-Thames, Reino Unido |
| Morte | 18 de decembro de 1991 Ibstone, Reino Unido (en) |
| Educación | Clifton College |
| Actividade | |
| Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, aviador |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Royal Air Force |
| Rango militar | líder de escuadrón |
| Conflito | Segunda Guerra Mundial |
| Deporte | automobilismo |
| Participou en | |
| 24 Horas de Le Mans |
|
| Premios | |
George Abecassis, nado en Chertsey, Surrey en 1913 e finado en Ibstone en 1991, foi un piloto británico de Fórmula 1 que correu con HWM en 1951 e 1952.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes da segunda guerra mundial destacou nalgunhas carreiras que correu nun Alta 12/50 privado, clasificouse segundo no Crystal Palace Plate e no Imperial Plate de 1938. En 1939 gañou o Imperial Plate. Durante a guerra pilotou un bombardeiro da RAF e en arriscadas misións aéreas en Francia.
Trala guerra entra no equipo técnico de Alta e desenvolve un novo coche para a Fórmula 1. Xunto ao seu amigo John Heath fundou Hersham & Walton Motors, empresa o dedicada a desenvolver coches deportivos con motores Alta que despois entrou na Fórmula 1. Con eses automóbiles actuou nos dous Gran Premio de Suíza en 1951 e 1952, valederos para o campionato do mundo.
Tamén formou parte do equipo Aston Martin para as carreiras de Sport e resistencia nos primeiros anos 1950's. Coa morte de Heath en 1956, Abecassis deixa a competición e en 1957 HWM pecha.