Saltar ao contido

Gentiana verna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gentiana verna
Gentiana verna
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
G. verna Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeGentianales
 FamiliaGentianaceae
 TriboGentianeae
 XéneroGentiana
 EspecieGentiana verna Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Gentiana verna Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/07w5x1 Editar o valor en Wikidata
ITIS502749 Editar o valor en Wikidata
OTT346688 Editar o valor en Wikidata
CoL3FMZS Editar o valor en Wikidata
EOL487562 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000698901 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Gentiana verna é unha especie do xénero Gentiana e un dos seus integrantes máis pequenos, normalmente acada uns poucos centímetros de altura.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O seu talo, erecto, é moi curto e soporta ata tres pares de follas, elípticas ou lanceoladas. A flor é de cor azul moi intensa, ás veces púrpura-vermella nos bordos e nervios medios, e de raro en raro branca[1], ten entre 1 e 2 cm de diámetro, e o tubo da corola preséntase estreito con cinco sépalos no cáliz; florea a finais da primavera e no comezo do verán,[1] e atrae bolboretas, abellas e particularmente abesouros para a polinización. As formigas son responsables da difusión das súas sementes.

Distribución

[editar | editar a fonte]
Poboación de Gentiana verna

G. verna é unha das plantas máis difundida do seu xénero, atopándose nas praderías alpinas de toda Eurasia, desde Irlanda ata Rusia. É común no centro e sueste de Europa, en macizos montañosos medios como o Xura e os Balcáns ata unha altitude de 2.600 metros. En Galicia unicamente medra na Serra da Capelada,[2] onde estaba descrita en 2007 como frecuente localizándose nunha altitude de entre 380 a 475 m.[3] No norte de Europa, é moi raro, tan só se observa en Teesdale no norte de Inglaterra, e unhas poucas localidades no oeste de Irlanda.[1] Tamén se atopa nas rexións montañosas que van do Alto Atlas de Marrocos ata as montañas de Turquía, Iraq e Irán. Prospera en prados secos con solo de pedra calcaria. En varios países está considerada especie en extinción.

  1. 1 2 3 Pardoe, H. S. Mountain Plants of the British Isles.
  2. S. Talavera, C. Andrés, M. Arista, M.P. Fernández Piedra, M.J. Gallego, P.L. Ortiz, C. Romero Zarco, F.J. Salgueiro, S. Silvestre & A. Quintanar (1993). Flora iberica 11 Arquivado 15 de febreiro de 2010 en Wayback Machine.. Real Jardín Botánico, CSIC, Madrid.
  3. J.J. Pino Pérez; F.J. Silva-Pando; J.L. Camaño Portela & R. Pino Pérez (2009) "Asientos corológicos LOU, 2007", Boletín Biga, Vol. 6, p. 15

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]