Gens Acilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Denario representando a Manio Acilio Balbo, cónsul da República romana no 114 a.C.; e no reverso, o propio cónsul triunfante na cuadriga

A gens Acilia foi unha gens plebea romana, cuxos membros aparecen na escena política romana a partir de mediados do século III a. C., para despois atravesar o alto e o baixo Imperio e ocupar postos importantes ata o século V, durante un total de sete séculos. O primeiro membro ilustre da gens foi Caio Acilio Glabrio, que foi cuestor no 203 a.C. e tribuno da plebe no 197 a. C.

Historia[editar | editar a fonte]

Os tria nomina empregado pola gens[editar | editar a fonte]

Os Acilios usaban frecuentemente o praenomen Manio (Manius en latín). Tamén foron populares Caio (lat. Gaius), Lucio (lat. Lucius), Cesón (lat. Caeso) e Marco (lat. Marcus). As pólas da familia incluían os Acilio Balbo, os Glabrión, os Rufo e os Severo.

Pólas e congomina[editar | editar a fonte]

As tres pólas principais dos Acilios, levaban o cognomen de Aviola, Balbo (Balbus) e Glabrión(Glabrio);[1] polo menos, as dúas últimas, eran de orixe plebea.[2]

Os Glabrión foron a primeira familia en aparecer na historia, e foron a que máis se prolongou. Os membros desta familia foron identificados dende o século III a. C. até o século V d. C., un período de tempo que ningunha outra familia romana superou. Segundo Millar, "[o] único caso indubidable de continuidade desde a república até o século IV son os Acilio Glabrión".[3] Eran certamente plebeos, xa que moitos deles foron tribunos da plebe.[4] Durante o século II, foron propietarios dun xardín, o Horti Aciliorum, no outeiro Pincio no século II. Unha tumba dos Acilio Glabriónfoi atopada en Roma en 1888. O apelido Glabrio deriva do adxectivo glaber, "liso", e probablemente se refería a alguén que era calvo.[5] Dondin-Payre suxire que, interpretado como "sen pelo" ou "depilado", Glabrio tiña a connotación adicional de "efeminado".[6] No ano 1888, atopouse en Roma unha tumba dos Acilio Glabrión. O Mausoleo de Acilio Glabriónestá situado en Alife, fóra de Porta Napoli.

Os Acilio Balbo, como os Glabrión, eran plebeos. O apelido Balbo era bastante común en Roma, e orixinalmente dábase a quen tatexaba. Unha moeda desta familia representa a cabeza de Palas dentro dunha coroa de loureiro no anverso, e no reverso, unha cuadriga con Xúpiter e Vitoria.[7][8]

Os Acilio Aviola aparecen ao final da República, ou baixo os primeiros emperadores. Hai certa confusión entre eles e os Glabrión, co cónsul do 33 a.C. identificado como Marco Acilio Glabrio nalgúns escritores e Manio Acilio Aviola noutros. Dada a antigüidade dos Glabrión, parece probable que un deles fose o antepasado dos Aviola, e puido utilizar ámbolos dous apelidos en distintos momentos. En canto ao nome Aviola, parece ser un diminutivo, presumiblemente de avia, "avoa".[9][10]

Membros distinguidos da gens[editar | editar a fonte]

Acilio Glabrio[editar | editar a fonte]

Acilio Balbo[editar | editar a fonte]

Acilio Aviola[editar | editar a fonte]

Outros[editar | editar a fonte]

Inscricións[editar | editar a fonte]

No Compitum Acili, un pequeno altar dedicado aos Lares Compitales atopado en Velia durante as obras para a construción da Via dei Fori Imperiali, atopouse unha inscrición que fai referencia a un membro da familia, que a fixo construír no ano 5 a. C.:

[Imp(eratore) Cae]sare Augusti(!) pontif(ice) max{s}(imo) trib(unicia) potest(ate) XVIII
[imp(eratore) XIV L(ucio) Cor]nelio Sulla co(n)s(ulibu)s mag(istri) secun(di) vici compiti Acili
[3] Licinius M(arciae) Sextiliae l(ibertus) Diogenes / L(ucius) Aelius L(uci) l(ibertus) Hilarus / M(arcus) Tillius M(arci) l(ibertus) Silo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jones & Martindale & Morris (1971), p. 13
  2. Smith 1841, p. 12
  3. Millar, p. 341, nota 1.
  4. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. II, p. 270 ("Glabrio").
  5. Chase, p. 110.
  6. Dondin-Payre, Les Acilii Glabriones, p. 34
  7. Chase, p. 110
  8. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 455 ("Balbus").
  9. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology, vol. I, p. 434 ("Aviola").
  10. New College Latin & English Dictionary, s. v. avia.
  11. 11,0 11,1 Broughton (1952),vol. I, p. 352
  12. Broughton (1952), vol. I, pp. 320, 335, 352.
  13. Tito Livio, Ab urbe condita, Libro XXXVI, 14-19
  14. Broughton (1952), vol. I, pp. 386, 437, 449
  15. Broughton (1952), vol. I, p. 517
  16. Broughton (1952), vol. II, pp. 142, 143, 154.
  17. Broughton (1952), vol. II, p. 414
  18. PIR, vol. I, p. 5
  19. PIR, vol. I, p. 7
  20. PIR, vol. I, p. 7
  21. PIR, vol. I, p. 7.
  22. PIR, vol. I, p. 8
  23. 23,0 23,1 Cameron (2012), p. 150
  24. "Anicius Acilius". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (EDCS). Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  25. Plinio o Vello, VII. 36
  26. Broughton (1952), vol. I, p. 456
  27. Obsequens, 97
  28. Plinio o Vello, II. 29, 56. s. 57
  29. Broughton (1952), vol. I, pp. 533, 534 (nota 1).
  30. Tacito, Annales, XII. 64
  31. PIR, vol. I, p. 6.
  32. 32,0 32,1 PIR, vol. I, p. 6
  33. César, De Bello Civili, III. 15, 16, 39
  34. Cicerón, Epistulae ad Familiares, VII, 30, 31 e XIII, 30–39.
  35. 35,0 35,1 PIR, vol. I, p. 6
  36. Broughton, vol. II, pp. 280, 285 (nota 8), 296, 308 e 326
  37. Broughton (1952), vol. III, p. 1
  38. PIR, vol. I, p. 9
  39. Elio Spartiano, "The Life of Hadrian", 1, 3, 5, 9, 15.
  40. Jones & Martindale & Morris (1971), vol. 1, p. 834

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Broughton, T. Robert S. (1952). The Magistrates of the Roman Republic (en inglés). American Philological Association. 
  • Cameron, Alan (2012). Society for the Promotion of Roman Studies, ed. "Anician Myths". Journal of Roman Studies (Cambridge University Press) 102: 133–171. ISSN 0075-4358. JSTOR 41724969. 
  • Dondin-Payre, Monique (1993). Exercise du Pouvoir et Continuité Gentilice: les Acilii Glabriones (en castelán). Roma: École Française de Rome. 
  • Jones, A. H. M.; Martindale, J. R.; Morris, J., eds. (1971). The Prosopography of the Later Roman Empire. Vol. 1 (en inglés). Londres: Cambrdridge University Press. 
  • Rohden, Paul von; Klebs, Elimar; Dessau, Hermann (1898). Prosopographia Imperii Romani (The Prosopography of the Roman Empire, abreviado PIR), (en inglés). Berlín. 
  • Smith, William, ed. (1841). Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I (en inglés). Walton and Maberly. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]