Genma Rojo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1989 Currelos |
| Educación | Universidade da Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | enxeñeira, docente, investigadora |
Genma Rojo López, nada en Currelos o 30 de xuño de 1989, é unha investigadora galega da Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da Coruña.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Enxeñería Técnica de Obras Públicas na Universidade da Coruña, despois Enxeñería de Camiños, Canais e Portos na mesma universidade, en 2014 e 2015 fixo un mestrado de investigación en Enxeñería Civil. É Técnica de xestión I+D no CITEEC e profesora de Enxeñaría Civil na Universidade da Coruña. Realiza investigacións sobre o desenvolvemento de formigóns máis sostibles no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEEC).[2]
En 2025 a súa tese de doutoramento (Investigación e novas técnicas intelixentes na caracterización do formigón autocompactante con residuos industriais e fibras para aumentar a súa sustentabilidade e vida útil) foi galardoada co Premio ANCI 2024 a Teses de doutoramento. A súa investigación sobre novas técnicas intelixentes na caracterización do formigón autocompactante contribúe á sustentabilidade e resiliencia das infraestruturas e abre novas canles para a economía circular na construción. O premio foille entregado no Museo Nacional Thyssen-Bornemisza de Madrid, nun acto presidido polo ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente.[3] [4]
Ten publicado en revistas especializadas na materia dos seus estudos.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ficha do Contacto". directorio.udc.es. Consultado o 2025-05-02.
- ↑ "A conciencia coa ciencia - GEMMA ROJO LÓPEZ". sites.google.com. Consultado o 2025-05-02.
- ↑ "A investigadora da Universidade da Coruña Gemma Rojo, galardoada co “Premio ANCI 2024 a Tesis Doctorales”". www.udc.es. Consultado o 2025-05-02.
- ↑ "A doutora Gemma Rojo, da UDC, gaña o Premio ANCI 2024 pola súa tese sobre formigón sostible". ACoruñaXa. Consultado o 2025-05-02.
- ↑ "Genma Rojo López". www.researchgate.net/.