Saltar ao contido

Gender Trouble

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gender Trouble
 Título
Gender Trouble (en)
Das Unbehagen der Geschlechter (de) Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Tema principal
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editorial
Datas
 Data de publicación
marzo de 1990
1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Precedido por
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF209890056 Editar o valor en Wikidata
Goodreads2249813 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL893584W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0566lj Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Gender Trouble: Feminism and the Subversion of Identity (en galego: O xénero en disputa: o feminismo e a subversión da identidade) é un libro da filósofa e teórica do xénero postestruturalista Judith Butler, publicado orixinalmente en 1990.[1] Na obra, Butler defende que o xénero é performativo, no sentido de que é creado, mantido ou perpetuado por reiteracións na fala e nas interaccións cos outros.

Gender Trouble critica unha das presuposicións basilares da teoría feminista: que existen unha identidade e un suxeito que requiren representación na política e na linguaxe. Para Butler, "home" e "muller" son categorías marcadas por factores como a clase, a etnia e a sexualidade. Ademais, a suposta universalidade destes termos é paralela á do patriarcado, e suprime a particularidade da opresión en distintos tempos e lugares. Xa que logo, a autora evita as políticas da identidade en favor dun novo feminismo de coalición que ataque as bases da identidade e do xénero. No libro tamén se pon en dúbida a idea de que o sexo e biolóxico namentres o xénero é culturalmente construído. Segundo Butler, trátase dunha falsa distinción que introduce unha separación dentro das reflexións feministas; para ela, os corpos sexuados non poden significarse sen xénero, e a aparente existencia do sexo con anterioridade aos discursos e imposicións culturais non é máis ca un efecto do funcionamento do xénero. É dicir, que tanto o sexo como o xénero son construcións sociais.

  1. Rodrigues 2005, p. 179.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]