Genaro Riestra Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 19 de novembro de 2015 ás 18:25 por BanjoBot 2.0 (conversa | contribucións) (Bot: Engado {{Control de autoridades}})

Genaro Riestra Díaz, nado en Cidade de México o 1 de novembro de 1905 e finado en Bilbao o 28 de xullo de 1957[1], foi un político español.

Traxectoria

Estudou en Xixón e foi profesor mercantil. Na II República Española difundiu o ideario falangista en Hispanoamérica. Foi Xefe Territorial das Antillas en 1939. Residente en Cidade de México, foi responsable das Falanges de México e Cuba. Foi expulsado de México. Foi Delegado especial para a repatriación de menores. Secretario Nacional, delegado do Servizo Exterior de Falange Española e responsable das Falanges del Mar. O 11 de abril de 1943 foi nomeado gobernador civil de Pontevedra. En setembro de 1944 pasou a ser gobernador civil de Biscaia. Foi procurador en Cortes. Foi condecorado coa Medalla de Oro de Vizcaya, a Medalla de Oro de Bilbao, a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil e a Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica.

Vida persoal

Casou con María de los Ángeles de la Fuente Díaz.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas