Genaro Borrás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Genaro Borrás Sanjurjo»)
Genaro Borrás
Nacemento26 de decembro de 1945
Lugar de nacementoVigo
Falecemento15 de maio de 2008
Lugar de falecementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Genaro Borrás Sanjurjo, nado en Vigo o 26 de decembro de 1945 e finado na mesma cidade o 15 de maio de 2008[1], foi un médico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en medicina na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en traumatoloxía e cirurxía ortopédica na Universidade Complutense de Madrid, pero foi coñecido fundamentalmente pola súa dedicación á medicina deportiva. En 1980 converteuse en médico do Celta de Vigo e en 1991 en médico da selección española de fútbol. Coa selección participou nos Xogos de Barcelona, así como en varios mundiais e eurocopas. Deixou o seu posto no club vigués en 2005.

Foi o fundador da Asociación Española de Médicos de Fútbol. Morreu por mor dun cancro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fallece Genaro Borrás, médico de la selección", artigo en Marca, 15 de maio de 2008