Genève-Servette HC

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Genève-Servette HC
ReproGeneveServetteHC.svg
Fundación1966
SedeCoat of Arms of Geneva.svg Xenebra,
Flag of Canton of Geneva.svg Cantón de Xenebra
Suíza Suíza
CanchaPatinoire des Vernets
(7.382 espectadores)
LigaNational League A
AdestradorFlag of Canada.svg Chris McSorley
Propietario(S)Hugues Quennec e Chris McSorley
Uniforme
Uniform GSHC 2013b.jpg
CoresGranate e amarelo
           
Sitio web
Sitio web oficial

O Genève-Servette Hockey Club é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Xenebra, Suíza. Foi fundado en 1905 e actualmente compite na NLA, a máxima categoría deste deporte en Suíza.

Historia[edit | edit source]

En 1905 fúndase a sección de hóckey sobre xeo do Servette FC, un ano despois, en 1906 fúndase o HC Gèneve. En 1908 Servette e HC Genève participan na fundación da Federación Suíza de Hóckey sobre Xeo.

En 1917 o Servette proclámase subcampión fronte ao Berna, repetindo resultado en 1920. En 1954 o club desputou o seu primeiro partido en xeo artificial no que xogou fronte ao Urania Genève Sport (UGS), no Pavillon des Sports, ata ese momento, o Servette tiña que recibir aos seus adversarios en Lausana ou en L'Abbaye.

No ano 1956 o equipo ascende á segunda categoría, a NLB, e dous anos máis tarde inaugúrase o seu novo pavillón, o Patinoire des Vernets, onde en 1959 gañou a Copa de Suíza logo de derrotar na final ao Neuchâtel-Sports Young Sprinters HC por 7 goles a 3 ante 11.820 espectadores, un récord de asistencia no Patinoire des Vernets. En 1963 créase o Genève-Servette HC logo da fusión das sesións de hóckey sobre xeo do Servette e do UGS. Un ano despois Genève-Servette proclámase campión da segunda división suíza, a NLB, logo de derrotar ao EHC Biel na final, acadando o ascenso á máxima categoría, a NLA.

Logo duns anos escuros tras descender á segunda categoría (1975) e á terceira categoría (1980), en 1995 volve á segunda categoría, e seis anos despois á máxima categoría.

O 24 de marzo do 2008, o GSHC chega á final da liga suíza por primeira vez na súa historia, ao gañar ante o HC Fribourg-Gottéron nas semifinais por 4-1 na serie. No 2010, logo dunha boa tempada na que conseguíu o segundo posto na liga, o GSHC derrotou ao HC Fribourg-Gottéron nos cuartos de final, ao EV Zug nas semifinais, e caendo no sétimo partido da final fronte ao SC Bern logo de remontar o 3-1 inicial e empatar a serie a 3 pertidos.

Personalidades[edit | edit source]

Xogadores[edit | edit source]

Números retirados[edit | edit source]

Números retirados do Genève-Servette
Xogador Posición Carreira Data da retirada Referencias
0 Daniel Clerc G 1964-74 23 de decembro de 2013 [1]
4 Eric Conne D 1965-77 25 de setembro de 2004 [2]
6 Fritz Naef C 1960-69 25 de setembro de 2004 [3]
24 Jean-François Regali C 1981-95 22 de febreiro de 2013 [4]
28 Igor Fedulov C 2000-09 21 de febreiro de 2015 [5]

Palmarés[edit | edit source]

Notas[edit | edit source]

  1. "Numéros retirés › Daniel Clerc" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  2. "Numéros retirés › Eric Conne" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  3. "Numéros retirés › Fritz Naef" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  4. "Numéros retirés › Jean-François Regali" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 
  5. "Numéros retirés › Igor Fedulov" (en francés). GSHC. Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2016. Consultado o 31 de xullo de 2016. 

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.