Gaziantep
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | Turquía | |||
| Provincia | provincia de Gaziantep | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 1.680.723 (2022) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 7.642 km² | |||
| Altitude | 850 m | |||
| Datos históricos | ||||
Evento clave
| ||||
| Organización política | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2015–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 27 000 | |||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Duisburgo (2005–) Concello de Karlstad (2008–) Khárkiv (2011–) Ostrava (2012–) Cetinje (2013–) Tartu (2014–) Ludwigshafen am Rhein (2014–) Minsk (2018–) | |||
| Sitio web | gaziantep.gov.tr | |||
Gaziantep, historicamente Aintab e aínda informalmente chamada Antep, é unha cidade importante do centro-sur de Turquía. É a capital da provincia de Gaziantep, na parte máis occidental da rexión turca do Sueste da Anatolia e parcialmente na rexión do Mediterráneo. Atópase aproximadamente a 185 km ao leste de Adana e a 97 km ao norte de Alepo, en Siria. Está bañada polo río Sajur.
En febreiro de 2023, a cidade foi moi danada polo terremoto de Turquía e Siria de 2023.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o censo de 2021, a provincia de Gaziantep (concello metropolitano) albergaba 2 130 432 habitantes, dos cales 1 775 904[2] vivían na área metropolitana formada por dous (de tres) distritos urbanos de Şahinbey e Şehitkamil, xa que Oğubazeli non está conurbado. É a sexta cidade máis poboada de Turquía. Gaziantep é unha cidade diversa na que habitan na súa maioría turcos étnicos e unha minoría significativa de kurdos e refuxiados sirios. Foi poboado historicamente por turcománs, armenios, xudeus e unha multitude doutros grupos étnicos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Live Updates Turkey, Syria earthquake kills thousands". AP News (en inglés). 6 de febreiro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2023. Consultado o 7 de febreiro de 2023.
- ↑ "Turkey: Administrative Division (Provinces and Districts) - Population Statistics, Charts and Map". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2021. Consultado o 12 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gaziantep |
