Gazella gazella é unha especie de gacela que está distribuída ampla pero desigualmente no Levante mediterráneo.[1] Segundo datos de 2024, quedan aproximadamente 6.000 exemplares na natureza.[2][3][4] A especie está protexida pola lei israelí, sendo Israel o derradeiro santuario importante da especie no Levante.[2]
Ambos os sexos teñen cornos. Os machos teñen cornos significativamente máis grandes con aneis ao seu redor. As femias tamén teñen cornos, pero son máis delgados, máis suaves e máis curtos. Ademais cos cornos, tamén é sexualmente dimórfica en tamaño, sendo os machos máis grandes ca as femias. Un macho maduro pode oscilar entre 15 e 25 kg, mentres que as femias pesan entre 13 e 20 kg.[5] Pode alcanzar velocidades de até 80 km/h.[6]
↑Abd Rabou, A. N. (2019). The mammalian, reptilian and amphibian fauna of Al-Mawasi ecosystem, south-western Gaza Strip-Palestine. Agricultural Research & Technology: Open Access Journal, 23(1), 00301-00314.