Gayle Rubin
Gayle Rubin | |
---|---|
Nacemento | 1949 |
Lugar de nacemento | Carolina do Sur |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade de Míchigan |
Ocupación | antropóloga, profesora universitaria, ensaísta, activista LGBT, escritora e activista polos dereitos das mulleres |
Premios | Ruth Benedict Prize |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Gayle S. Rubin, nada en 1949 en Carolina do Sur, é unha antropóloga estadounidense, personalidade do feminismo e unha das persoas que contribuíron a configurar a teoría de xénero.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Na universidade de Míchigan comezou o seu activismo feminista e os seus estudos sobre a condición feminina dominada por unha heterosexualidade propia dunha sociedade machista e patriarcal
En 1978 mudouse a San Francisco e adicou os seus esforzos intelectuais a estudar a cultura da homosexualidade do coiro. Fundou unha sociedade de mulleres a prol do lesbiansimo sadomasoquista (Samois) como desafío á imaxe subxugada da muller heterosexual imposta pola sociedade patriarcal. Implicouse máis tarde no San Francisco Lesbian and Gay History Project.
É profesora asociada en estudos sobre a muller na Universidade de Míchigan, e profesora visitante sobre sexualidade e xénero en Harvard.
Pensamento[editar | editar a fonte]
Entende a heterosexualidade como unha relación culturalmente inducida de dominación do home e submisión da muller, pero critica as correntes feministas contrarias ao libre exercicio da sexualidade.
Para ela o movemento feminista ten que soñar con algo máis que a eliminación da opresión heterosexual das mulleres, ten que soñar coa eliminación das sexualidades e os seus condicionantes biolóxicos así como a supresión dos roles sexuais obrigatorios. Ten que loitar por unha sociedade andróxina e sen xénero pero non sen sexo, onde a anatomía sexual non teña ningunha importancia para o que un é, o que un fai e con quen fai o amor. A relación sadomasoquista lésbica é o prototipo da nova sexualidade liberada.
Obra[editar | editar a fonte]
- Thinking sex
- Notes on Political Economy or sex