Gay-friendly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Gay friendly»)

Club gay en Puerto Vallarta (Xalisco).

A expresión inglesa gay-friendly (traducida ó galego como simpatizante LGTB[Cómpre referencia]) fai referencia a lugares, políticas, persoas ou institucións que buscan activamente crear unha contorna amigable cara á xente GLBT. Este é un concepto moi estendido nos últimos anos do século XX nos Estados Unidos e actualmente está estendido o seu uso en moitos países.

Lugares gay-friendly[editar | editar a fonte]

Algúns lugares son historicamente considerados gay-friendly: cidades como Ámsterdan ou San Francisco, barrios como o Soho en Londres, o Village neoiorquino, illas gregas como Mykonos ou Lesbos, Eivisa, Sitges ou máis recentemente os barrios de Chueca en Madrid ou o Gayxample en Barcelona.

A maioría das cidades contan con locais de lecer ou tendas consideradas gay-friendly. Ás veces, un xeito empregado por estes lugares para seren recoñecidos como tal é mostrando un adhesivo coa bandeira multicolor nun lugar visible.

Personaxes gay-friendly[editar | editar a fonte]

Algúns dos personaxes gay-friendly máis célebres a nivel mundial, convertéronse en grandes iconas gays. A maioría son mulleres e distinguíronse por apoiar as reivindicacións dos colectivos LGTB nos momentos máis difíciles, como Madonna, Cher, Barbra Streisand, Kylie Minogue, Anne Rice, ou Liz Taylor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]