Saltar ao contido

Gavilanes (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gavilanes
Tiposerie de televisión Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTelenovela Editar o valor en Wikidata
Lingua orixinallingua castelá Editar o valor en Wikidata
Autoría
GuionistaJulio Jiménez Editar o valor en Wikidata
Temática
Baseado enPaixón de gabiáns Editar o valor en Wikidata
Publicación
País orixeEspaña Editar o valor en Wikidata
Compañía produtoraGestmusic Editar o valor en Wikidata
Emisora orixinalAntena 3 Editar o valor en Wikidata
Datas
Comezo19 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata
Remate22 de febreiro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Episodios26 Editar o valor en Wikidata
Tempadas2 Editar o valor en Wikidata
Localización
LocalizaciónTarragona Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBantena3.com… Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: tt1632824 Filmaffinity: 454712 Allocine: 8425 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Gavilanes é unha telenovela española producida por Gestmusic Endemol para Antena 3 e que foi emitida entre o 19 de abril de 2010 e o 22 de febreiro de 2011. É unha adaptación para o público español da telenovela colombiana Paixón de gabiáns polo que consecuentemente, os personaxes orixinais foron modificados e os seus perfís reescritos para a audiencia española. Conta con 26 capítulos repartidos en dúas tempadas.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A historia desta serie vira ao redor dos irmáns Reyes, Juan (Rodolfo Sancho), Óscar (Roger Berruezo) e Frank (Alejandro Albarracín), quen xuran vingar a morte da súa irmá, o que lles leva a instalarse como traballadores na mansión da familia Elizondo. O profundo odio comeza a cambiar cando os irmáns Reyes intégranse na vida da familia Elizondo. Xurdirán amores, enredos e intrigas, que presidirán o desenvolvemento da serie.

Co que non conta Juan é que a súa vida e as dos seus dous irmáns cruzarase coa das tres fillas de Bernardo Elizondo: Norma (Claudia Bassols), Sara (Diana Palazón) e Lucía (Alicia Sanz), correndo o risco de caer presos da súa propia vinganza.

Repartimento

[editar | editar a fonte]
  • Rodolfo Sancho, como Juan Reyes, irmán máis vello dos Reyes, namorado de Norma. (T1-T2)
  • Roger Berruezo, como Óscar Reyes, irmán mediano dos Reyes, namorado de Sara. (T1-T2)
  • Alejandro Albarracín, como Frank Reyes, irmán máis novo dos Reyes, namorado de Lucía. (T1-T2)
  • Claudia Bassols, como Norma Elizondo, filla máis vella e herdeira de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
  • Diana Palazón, como Sara Elizondo, filla mediana de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
  • Alicia Sanz, como Lucía Elizondo, filla pequena de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
  • Carme Elías, como Sofía Cortés, viúva de Bernardo Elizondo. (T1-T2)
  • Fernando Andina, como Fernando Ribas, prometido de Norma e director comercial da compañía. (T1-T2)
  • Benito Sagredo, como Víctor Abreu, amigo e aliado de Fernando, dono de La Frontera. (T1-T2)
  • Joan Massotkleiner, como César Romero (†), namorado de Sofía. (T1-T2)
  • Manel Barceló, como Adrián Cortés, irmán de Sofía e director de produción da compañía. (T1-T2)
  • Jordi Martínez, como Mario Nestares, capataz da leira dos Elizondo. (T1-T2)
  • Daniela Costa, como Claudia Aguirre, xardineira da leira dos Elizondo. (T1-T2)
  • Mercè Llorens, como Olivia Cano, herdeira dunha leira de oliveiras. (T2)
  • Adrià Collado, como Álvaro Cuesta, avogado da Federación Aceitera de la Vega. (T2)
  • Pere Molina, como Jaime, capataz da leira de Olivia. (T2)
  • Oriol Vila, como Ray, fillo de Eva e Adrián. (T2)
  • Carlos Vicente, como Robles, comandante. (T2)
  • Marta Marco, como Laura, policía. (T2)
  • Marta Calvó, como Eva Suárez (†), gobernanta da leira dos Elizondo. (T1-T2)
  • Norma Ruiz, como Rosario Montes, cantante de La Frontera, nai do fillo de Frank. (T1)
  • Roberto Álvarez, como Bernardo Elizondo (†), dono da compañía Elizondo. (T1)
  • Miriam Giovanelli, como Lidia Reyes (†), irmá dos Reyes, amante de Bernardo Elizondo. (T1)

Capítulos e audiencias

[editar | editar a fonte]
Capítulo Nome Data de emisión Espectadores Share
PRIMEIRA TEMPADA
01 Se avecina una tragedia 19 de abril de 2010 3 374 000 17,2%
02 Búsqueda de pruebas 26 de abril de 2010 3 259 000 17,2%
03 Pedida de mano 3 de maio de 2010 3 010 000 16,0%
04 Los celos de Norma 10 de maio de 2010 2 730 000 14,3%
05 Cámara de seguridad 17 de maio de 2010 2 703 000 14,6%
06 La figura de un padre 24 de maio de 2010 2 652 000 14,8%
07 La innauguración 31 de maio de 2010 2 589 000 14,8%
08 La alianza 7 de xuño de 2010 2 442 000 13,6%
09 La aventura de Sara 14 de xuño de 2010 2 383 000 13,2%
10 La duda de Norma 21 de xuño de 2010 2 340 000 12,6%
11 El coche de la laguna 28 de xuño de 2010 2 313 000 13,7%
12 Eva consigue vengarse 5 de xullo de 2010 2 380 000 15,2%
13 Juan, detenido e imputado 15 de xullo de 2010 2 009 000 14,2%
SEGUNDA TEMPADA
14 Las vidas de Juan y Fernando, en peligro 1 de novembro de 2010 2 418 000 13,7%
15 Álvaro amenaza la relación de Óscar y Sara 8 de novembro de 2010 2 162 000 11,8%
16 Los hermanos Reyes, a punto de perder su primera cosecha 15 de novembro de 2010 2 169 000 11,8%
17 Juan ve cómo Sofía y Fernando vuelven a besarse 22 de novembro de 2010 2 211 000 11,7%
18 Juan y Norma esperan ilusionados su primera producción de aceite 29 de novembro de 2010 1 849 000 10,8%
19 Sara se da cuenta de que siente algo especial por Álvaro 13 de decembro de 2010 2 225 000 13,0%
20 El embarazo de Norma no va bien 20 de decembro de 2010 2 099 000 12,0%
21 Olivia y Jaime se encuentran un cadáver 18 de xaneiro de 2011 1 803 000 9,3%
22 La salud de Norma flaquea 25 de xaneiro de 2011 2 034 000 10,2%
23 Lucía y Frank vuelven a acercarse 1 de febreiro de 2011 1 971 000 9,7%
24 Norma deja a Juan 8 de febreiro de 2011 2 068 000 10,7%
25 Lucía quiere recuperar a Frank 15 de febreiro de 2011 2 129 000 11,3%
26 Juan y Norma retoman su relación 22 de febreiro de 2011 2 216 000 11,9%

<br="clear">

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]