Gau (rexión)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Unha Gau (en neerlandés gouw [ɣʌu], en frisón occidental gea [ɡɪə] ou goa [ɡoə]), en plural, Gaue, é un termo alemán usado ao longo de diferentes momentos da historia para referirse ás rexións administrativas do país. Pode ser traducida por país, sendo equivalente ao "pagus" latino. Este termo pasou ao galego coa forma govia, por exemplo en Argovia.
Historia
[editar | editar a fonte]As Gaue correspóndense aproximadamente en moitos casos coas provincias ou rexións que hai na actualidade como en Rheingau ou Allgäu.
Empregouse orixinariamente na Idade Media. As Gaue foron as divisións administrativas básica da parte oriental do Imperio carolinxio na alta Idade Media, xeralmente baixo o madato de condes e, máis tarde, dentro do Reino de Alemaña xurdido no Tratado de Verdún en 843, e posteriormente do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Período nazi
[editar | editar a fonte]O termo Gau foi revivido na investigación histórica alemá nos séculos XVIII e XIX e foi considerado, erroneamente, unha antiga estrutura de administración dos pobos xermánicos. Na década de 1920, a partir de 1926, foi adoptada como denominación para as asociacións rexionais do Partido Nazi (NSDAP) nos estados alemáns e nas provincias prusianas tal como se formaran trala primeira guerra mundial.[1]
Cada Gau representaba unha rexión administrativa, creadas por un estatuto do partido o 22 de maio de 1926. Cada Gau estaba encabezado por un Gauleiter (xefe do Gau). As 33 Gaue orixinais coincidiron cos distritos electorais do Reichstag da República de Weimar, baseados nos estados constituíntes (Länder) e as provincias de Prusia que seguiron existindo trala Lei habilitante de 1933, aínda que perderon moitas das súas funcións.
Trala represión das institucións políticas dos Estados federados durante o proceso da Gleichschaltung e o nomeamento de Reichsstatthalter (gobernadores do Reich) en 1933, as Gaue convertéronse de facto nas rexións administrativas do estado e cada Gauleiter individual tiña un poder considerábel dentro do seu territorio. En 1945, cando desapareceron, xa eran 42.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kerfin, Julia (15 de xullo de 2015). "Die NS-Gaue". Deutsches Historisches Museum, Berlin. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Puhl, Roland W. L. (1999). Die Gaue und Grafschaften des frühen Mittelalters im Saar-Mosel-Raum (en alemán). Saarbrücken: SDV Saarländische Druckerei und Verlag. ISBN 978-3930843480.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|