Gatocán
Gatocán | |
---|---|
![]() | |
Tipo | serie de televisión de animación ![]() |
Xénero artístico | serie de televisión infantil, telecomedia e serie de televisión de aventuras ![]() |
Lingua orixinal | lingua inglesa ![]() |
Publicación | |
País orixe | Estados Unidos de América ![]() |
Distribuidor/a | Paramount Television Studios ![]() |
Emisora orixinal | Nickelodeon ![]() |
Datas | |
Comezo | 4 de abril de 1998 ![]() |
Remate | 15 de xuño de 2005 ![]() |
Dimensións | |
Duración | 22 minutos ![]() |
Episodios | 66 ![]() |
Tempadas | 4 ![]() |
Composto por | |
Composto por
| |
Contacto | |
Páxina WEB | nicksplat.com… ![]() |
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
[ Wikidata ] |
Gatocán (en inglés: CatDog) foi unha serie de debuxos animados estadounidense do canal Nickelodeon, creada por Peter Hannan.
Argumento
[editar | editar a fonte]Conta a historia de dous irmáns siameses: un gato intelixente e racional e un can idiota e alegre, ambos constitúen un corpo onde cada punta posúe unha cabeza e un par de patas. Os dous forman a criatura chamada GatoCán, CatDog na versión orixinal. Durou entre 1998 e 2001.
GatoCán foi separado dos seus pais (un sapo e unha criatura peluda, estilo Home do Ieti ou Pés Grandes) por un tornado. Dende entón viven nunha casa con formato de peixe e óso na cidade de Pretoburgo (Nearburg), xunto cun rato azul.
GatoCán sempre se mete en confusos enredos cunha banda de cans, formada polo xefe Blefe, xunto con Biluca e Chilique.
O programa nunca foi moi popular en ningunha parte do mundo, pero posúe unha relativa lexión de fans de proporcións razoables, formada principalmente polo público preescolar e preadolescente, non obstante, ten algunha mensaxe máis dirixida ós adultos. No Xabarín Club (TVG) foi emitido por primeira vez no ano 2002.