Prionailurus bengalensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Gato de Bengala")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Prionailurus bengalensis
Gato de Bengala, gato tigre
Leopard Cat Tennoji (crop).jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Suborde: Feliformia
Familia: Felidae
Subfamilia: Felinae
Xénero: Prionailurus
Especie: P. bengalensis
Nome binomial
Prionailurus bengalensis
(Kerr, 1792)
Área de distribución do gato de Bengala

Área de distribución do gato de Bengala
Subespecies
Véxse o texto
Gato tigre da illa de Tsushima, no zoo de Fukuoka, Xapón.
Gato tigre no zoo de Berlín.

Prionailurus bengalensis, coñecido vulgarmente como gato de Bengala ou gato tigre, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos félidos, subfamilia dos felinos, unha das cinco que integran o xénero Prionailurus.

E o gato asiático máis amplamente distribuídos. A súa área de dispersión esténde desde a rexión do Amur, no extremo oriente de Rusia até as illas de Indonesia, abarcando a península de Corea, China, Indochina, o subcontinente indio, e desde o oeste, do norte de Paquistán até as illas Filipinas polo leste.

Encóntrase en áreas utilizadas para a agricultura, pero prefire hábitats boscosos. Vive nas selvas tropicais de áarbores perennifolias e en plantacións a nivel do mar, en bosques caducifolios subtropicais e bosques de coníferas no sopé da cordilleira do Himalaia a alturas superiores aos 1 000 msnm.

Características[editar | editar a fonte]

É aproximadamente do tamaño dun gato doméstico (duns 60 cm de lonxitude), pero máis delgado e coas patas máis longas. A súa pequena cabeza está marcada con dúas raias escuras prominentes que van desde os ollos até as orellas, raias brancas pequenas que van desde os ollos até o nariz. A parte posterior das súas moderadamente longas e arredonadas orellas son de cor negra con manchas brancas centrais. O tronco e as extremidades están marcadas con puntos negros de diferente tamaño e cor, e ao longo do lombo corren de dúas a catro fileiras de manchas alongadas. A cola é aproximadamente da metade do tamaño da lonxitude cabeza-tronco e está salpicada po algúns aneis de cor negra. A coloración xeral do corpo é parda alaranxada co peito e ventre branco. A súa dieta comprende mamíferos medianos e pequenos, aves, réptiles e peixes. É de hábitos nocturnos, manténdose activo desde o solpor até o amanecer, aínda que non é raro velo durante o día. Nada con gran axilidade.

Dimensións[editar | editar a fonte]

Lonxitude de cabeza e tronco, de 45 a 65 cm; lonxitude da cola, de 20 a 30 cm. Peso de 1,6 a 8 kg.[2]

Lonxevidade[editar | editar a fonte]

Contra os 13 anos.[2]

Camada[editar | editar a fonte]

De 2 a 3 cachorros.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1792 polo médico e naturalista escocés en Linnaeus, Anim. Kingdom, 1: 151, baixo o nome de Felis bengalensis.[3]

Reclasificación[editar | editar a fonte]

Foi reclisificado en 1858 dentro do xénero Prionailurus polo explorador e naturalista ruso Nikolai Severtzov, que describiu este novo xénero.[3]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O epíteto específico, bengalensis, débese a que o espécime tipo procedía de Bengala, India.[3]

Nomes vulgares[editar | editar a fonte]

Na maioría dos idiomas modernos a especie coñécese como gato de Bengala ou gato tigre, coas adaptacións correspondentes de cada idioma.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Na actualidade recoñécense dentro da especie as seguintes subespecies:[3]

Aínda que algúns autores engaden unha máis: Prionailurus bengalensis iriomotensis, que vive exclusivamente na pequena illa de Iriomote, nas illas Ryukyu (Xapón), que a maoiria recoñece como especie independente, Prionailurus iriomotensis Imaizumi, 1967.[4] E, para outros, sería un Prionailurus incertae sedis.[5]

Status[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante), debido a que é unha especie mmoi estendida e relativamente común,[6][7] aínda que a subespecie da illa Iriomonte, P. b. iriomotensis, avalíase por separado na súa Lista vermella porque a súa poboación é moi pequena e esta illada.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Ross, J., Brodie, J., Cheyne, S., Hearn, A., Izawa, M., Loken, B., Lynam, A., McCarthy, J., Mukherjee, S., Phan, C., Rasphone, A. & Wilting, A. (2015): Prionailurus bengalensis na Lista vermella da UICN. Versión 2018-2. Consultada o 5 de decembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 2,2 Leopard cat. Prionailurus bengalensis en Cat Spcialist Group.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Prionailurus bengalensis en MSW.
  4. Imaizumi, Y. (1966–1967). 琉球, 西表島産の山猫 (新属新種) について [Un novo xénero e especie de gato de Iriomote, islas Ryukyu] (pdf). 哺乳動物学雑誌 (en xaponés) (日本哺乳動物学界) 3: 75–105. ISSN 1884-393X. Consultado o 5 de decembro de 2018. 
  5. Prionailurus Severtzov, 1858 no ITIS.
  6. Nowell, K. and Jackson, P. (1996): Wild Cats. Status Survey and Conservation Action Plan. Gland, Switzerland and Cambridge, UK: IUCN/SSC Cat Specialist Group. ISBN 2-8317-0045-0.
  7. Sunquist, Melvin E. & Sunquist, Fiona (2002): Wild Cats of the World. Chicago and London: University of Chicago Press. ISBN 978-0-2267-7999-7.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]