Gastronomía finlandesa
| Gastronomía finlandesa | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||


A gastronomía finlandesa é a cociña típica de Finlandia. A cociña finlandesa tradicional estivo fortemente influenciada pola cociña sueca, aínda que na Finlandia oriental a influencia da cociña rusa[1] foi tamén importante. A causa do clima rigoroso e os poucos membros da alta sociedade que había, a alimentación en Finlandia consistía en alimentos pouco refinados pero enerxéticos, preparados principalmente con produtos conservables durante o inverno, como tubérculos e o repolo. A utilización de especias foi tradicionalmente moi moderada, coa excepción do sal. Había algunhas excepcións, e polo menos no castelo de Turku e en Vyborg, a aristocracia comía produtos alimenticios importados e caros de estilo europeo.
Como nas últimas décadas a cociña converteuse nunha parte cada vez máis importante da identidade nacional, os pratos tradicionais finlandeses, ou polo menos os ingredientes utilizados, foron adaptados para facela unha cociña exportable. Esta tendencia chámase «nova cociña finlandesa».
Entre os especialistas nacionais, os chefs de máis sona finlandeses, como Eero Mäkelä consideraron como exportables polo menos o queixo de Kainuu (leipäjuusto en finlandés), as amoras dos pantanos, a carne de reno preparada de diferentes maneiras, o peixe cru lixeiramente salgado, os arandos rubios, arandos vermellos, as aves de caza, os cogomelos do bosque, o alce e o oso. Eses produtos aderézanse con herbas diversas e outros produtos dispoñibles na natureza finlandesa, como as bagas de cimbro e os gromos de abeto. Ademais, o prato preferido do mariscal Mannerheim, o vorschmack, aínda que de orixe estranxeira, foi incluído na lista de pratos exportables.
Alimentación diaria en Finlandia
[editar | editar a fonte]A dieta habitual dos finlandeses lembra a doutros países industrializados. O xantar diario só consiste xeralmente nun prato principal, quizais unha sobremesa, pero os entrantes son raros, a non ser que se considere así unha ensalada de acompañamento. A maioría dos finlandeses comen hortalizas diariamente, frecuentemente tomadas frescas e reladas.
A fonte de carbohidratos varía: as patacas, as pastas e o arroz forman parte da súa dieta. Comen moito pan, que se fai de varios tipos de cereais (trigo, centeo, avea, orxo). Os pans de centeo integrais tradicionais, os pans de centeo jälkiuunileipä e diversas fogazas, ás veces azucradas, son moi demandados, aínda que tamén se elaboran tipos de pans novos constantemente.
O pulla, nisu ou pan ao cardamomo, é un tipo de sobremesa ou pastel aromatizado con cardamomo. Normalmente sérvese durante todo o ano como acompañamento do café ou té. En Finlandia, o pan ao cardamomo sérvese nas cafetarías, onde a súa calidade se considera un signo da calidade do establecemento.
Unha cantidade considerable de produtos lácteos, dos cales comen algúns fermentados. O iogur e o viili son habituais no almorzo e nas colacións ; a smetana e a kermaviili, unha variante da crema agre, utilízanse en cociña. O leite callado consómese como tal ou ben utilizado nas bebidas ou en pastelaría.
No verán, comen as patacas novas. En Finlandia, unha pataca colleitada hai máis de dous días perde o seu título de «nova» e debe chamarse pataca temperá (varhaisperuna), xa que ser nova considérase unha calidade importante. O inicio da estación dos cangrexos de río sempre é noticia nos medios de comunicación finlandeses, aínda que os cangrexos importados conxelados están dispoñibles todo o ano. Os frescos son tamén degustados na tempada. O repolo, os cogomelos, o cordeiro e os ovos de peixe forman parte da cociña de tempada. Os pratos finlandeses teñen a miúdo nomes dialectais peculiares, como por exemplo tuuvinki, hotsi, tytinäetc.
Cociñas rexionais
[editar | editar a fonte]

A cociña de Laponia, citada por veces como a mellor das cociñas finlandesas desde o punto de vista internacional, comprende produtos salientables como a carne de reno, carne de caza, amoras dos pantanos e queixo de Kainuu. A Savonia do Norte é famosa polas súas codias chamadas kukko, a máis célebre das cales é o peixe en centeo, kalakukko. En Ostrobotnia do Sur, o leite callado é moi utilizado en cociña, por exemplo en sopas e en fogazas. A Finlandia oriental é tamén coñecida polos seus pans. As piraguas carelianas con arroz ou patacas, a sultsina (preparacións en codia) e o ragú careliano pertencen á cociña tradicional da Carelia. As especialidades da Finlandia meridional consisten no pan de centeo, mämmi, cogomelos, bagas, carne de vacún finlandesa e pratos de peixe. O vorschmack mencionado máis arriba forma parte dos pratos da cociña de Helsinqui. A especialidade rexional de Häme é un gratén de patacas con produtos azucrados.
Críticas recibidas
[editar | editar a fonte]En 2001, o primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi comentou o mal gusto da cociña finlandesa[2]. En 2005, foi o dirixente europeo Jacques Chirac o que a criticou nunha xuntanza con chefs alemáns e rusos[3],[4]. O famoso chef escocés Gordon Ramsay visitou Finlandia a finais de 2007 para promover un libro de cociña novo seu; durante a súa visita, probou os pratos tradicionais finlandeses e fixo comentarios desprezativos.[5],[6].
Anteriormente, a dieta cotiá dos finlandeses foi criticada polos expertos en sanidade, como o Dr. Pekka Puska co gallo do proxecto Carelia do Norte, polo seu desequilibrio nutricional, a súa falta de verduras e polo seu elevado contido de sal e colesterol, o cal favorece a hipertensión e doenzas cardiovasculares. De feito, un dos novos dominios de especialidade finlandesa son os produtos alimentarios chamados funcionais, con efectos anticolesterol.
Pratos tradicionais
[editar | editar a fonte]Lista de pratos tradicionais finlandeses
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Tolvanen, Kristiina. "A Nation in Transition: The Resettlement of the Karelian Evacuees". Department of Translation Studies, University of Tampere. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2013.
- ↑ "Italy: The World’s Favorite Cuisine". The Italian Tribune (en inglés). 2019-06-27. Consultado o 2019-08-20..
- ↑ "Chirac jokes about British food". news.bbc.co.uk (en inglés). 2005-07-04. Consultado o 9-2-2022..
- ↑ Salonen, Ilpo (2005-07-05). "Finns find food quip hard to swallow". news.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 9-2-2022..
- ↑ "Ilta-Sanomat: Gordon Ramsay: Suomi-ruoka on sontaa!". is.fi (en finés). 29-10-2007. Consultado o 9-2-2022..
- ↑ "Kauhukeittiön Gordon Ramsay paljasti Victoria Beckhamin ruokavalion". mtvuutiset.fi (en finés). 29-10-2007. Consultado o 9-2-2022..
- ↑ "RAVINTOLAT | Chez Dominique saa toisen Michelin-tähden". Helsingin Sanomat (en finés). 13 March 2003. Consultado o 1 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: Finlandia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Sami Malila (2008). Le Lézard Noir, ed. Le Livre de cuisine des Moomins. Initiation à la cuisine finlandaise. Poitiers. ISBN 978-2-353-48009-8..
- Eero Mäkelä; et al. (1995). Otava, ed. Nouvelles saveurs finlandaises. Helsinqui. ISBN 951-1-13813-8..
- Liisa Rasimus (2005). Ajatus kirjat, ed. Sous le soleil de minuit. Liisa cuisine et raconte. Helsinqui. ISBN 951-20-6862-1..
- Anja Hill (2007). Aquamarine, ed. The Food & Cooking of Finland: Traditions, ingredients, tastes and techniques in over 60 classic recipes. Londres. ISBN 978-1-903141-44-1..
- Hese Hyvärinen (2000). Yrityskirjat, ed. A Survival Guide to Finnish Cuisine for Businesspeople. Helsinqui. ISBN 952-9660-27-8..
- Tuula Kaitila; et al. (2004). Aspasia Books, ed. The Sauna Cookbook: Food for body and soul. Beaverton. ISBN 0-9731053-5-6..
- Tero Kallio et Kimmo Saira (2008). Raikas, ed. Simply Scandinavian: Travelling in time with Finnish cuisine and nature. Helsinqui. ISBN 978-952-99962-1-6..
- Eero Mäkelä (1992). Otava, ed. Finnish Cuisine à la Eero Mäkelä. Helsinqui. ISBN 951-1-12087-5..
- Beatrice Ojakangas (1966 (1989 edición revisada)). Crown Publications, ed. The Finnish Cookbook. Nova York. ISBN 0-517-50111-2..
- Taimi Previdi (1995). Hippocrene Books, ed. The Best of Finnish Cooking. Nova York. ISBN 0-7818-0493-0..
- Anna-Maija Tanttu (2007). Otava, ed. Northern Flavours: Food from Finland. Helsinqui. ISBN 978-951-1-20754-2..
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gastronomía finlandesa |
