Gastroenterite rotavírica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Gastroenteritis rotavírica
Clasificación e recursos externos
Rotavirus A nas feces dun neno infectado.
ICD-10A08.0
ICD-9008.61
DiseasesDB11667
MedlinePlus000252
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A gastroenterite rotavírica é a causa máis común da diarrea severa en neonatos e nenos pequenos,[1] e é provocada polo virus rotavirus. Á idade de cinco anos, a gran maioría dos nenos de todo o mundo padeceron gastroenterite rotavírica como mínimo unha vez.[2] Porén, cunha nova infección, o sistema inmunitario fortalécese e a infección é cada vez máis feble; en adultos é moi pouco común.[3]

O virus transmítese por ruta fecal-oral. Infecta e dana as células que recobren o intestino delgado e causa gastroenterite. Malia que o rotavirus foi descuberto en 1973[4] e causa arredor do 50% das hospitalizacións por diarrea grave infantil,[5] aínda non se coñece amplamente.[6] Ademais de ser un patóxeno humano, tamén afecta outros animais: é un patóxeno para o gando.[7]

A gastroenterite rotavírica é unha doenza doada de curar, pero en todo o mundo preto de 500 000 nenos menores de cinco anos aínda morren por mor da súa infección cada ano[8] e case dous millóns máis resultan gravemente afectados.[6] Nos Estados Unidos, antes do comezo do programa de vacinación contra a gastroenterite rotavírica, dábanse preto de 2,7 millóns de casos severos de gastroenterite, con 60 000 hospitalizacións e uns 37 mortos cada ano.[9] Téñense feito diferentes campañas públicas para combater a gastroenterite rotavírica coa prestación de terapias de rehidratación oral dos nenos infectados e a vacinación para previr a doenza.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dennehy PH (2000). "Transmission of rotavirus and other enteric pathogens in the home". Pediatr. Infect. Dis. J. 19: S103–5. PMID 11052397. doi:10.1097/00006454-200010001-00003. 
  2. Bernstein DI (Març de 2009). "Rotavirus overview". The Pediatric Infectious Disease Journal 28: S50–3. PMID 19252423. doi:10.1097/INF.0b013e3181967bee. 
  3. Grimwood K, Lambert SB (febreiro de 2009). "Rotavirus vaccines: opportunities and challenges". Human Vaccines 5: 57–69. PMID 18838873. 
  4. Bishop R (outubro de 2009). "Discovery of rotavirus: Implications for child health". Journal of Gastroenterology and Hepatology. 24 Suppl 3: S81–5. PMID 19799704. doi:10.1111/j.1440-1746.2009.06076.x. 
  5. Rheingans RD, Heylen J, Giaquinto C (2006). "Economics of rotavirus gastroenteritis and vaccination in Europe: what makes sense?". Pediatr. Infect. Dis. J. 25: S48–55. PMID 16397429. doi:10.1097/01.inf.0000197566.47750.3d. 
  6. 6,0 6,1 Simpson E, Wittet S, Bonilla J, Gamazina K, Cooley L, Winkler JL (2007). "Use of formative research in developing a knowledge translation approach to rotavirus vaccine introduction in developing countries". BMC Public Health 7: 281. PMC 2173895. PMID 17919334. doi:10.1186/1471-2458-7-281. 
  7. Edward J Dubovi; Nigel James MacLachlan (2010). Academic Press, ed. Fenner's Veterinary Virology, Fourth Edition. Boston. p. 288. ISBN 0-12-375158-6. 
  8. Tate JE, Burton AH, Boschi-Pinto C, Steele AD, Duque J, Parashar UD (febreiro de 2012). "2008 estimate of worldwide rotavirus-associated mortality in children younger than 5 years before the introduction of universal rotavirus vaccination programmes: a systematic review and meta-analysis". Lancet Infect Dis 12: 136–141. PMID 22030330. doi:10.1016/S1473-3099(11)70253-5. 
  9. Fischer TK, Viboud C, Parashar U; et al. (2007). "Hospitalizations and deaths from diarrhea and rotavirus among children <5 years of age in the United States, 1993–2003". J. Infect. Dis. 195: 1117–25. PMID 17357047. doi:10.1086/512863. 
  10. Diggle L (2007). "Rotavirus diarrhoea and future prospects for prevention". Br. J. Nurs. 16: 970–4. PMID 18026034. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]