Gasterosteiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cabaliño de mar (Hippocampus abdominalis)

Os Gasterosteiformes son unha orde de peixes mariños teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Comprende especies de auga doce, de augas salgadas e algúns diádromos [1].

Características[editar | editar a fonte]

Na maioría das especies teñen o corpo recuberto cunha armadura de placas dérmicas, e a boca adoita ser pequena. Non teñen supramaxilar e tamén faltan algúns outros ósos do cranio.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS, divídese en dúas subordes con once familias:

  • Suborde Gasterosteoidei
    • Familia Aulorhynchidae
    • Familia Hypoptychidae
    • Familia Gasterosteidae
  • Suborde Syngnathoidei
    • Familia Aulostomidae
    • Familia Centriscidae
    • Familia Fistulariidae
    • Familia Indostomidae
    • Familia Macroramphosidae
    • Familia Pegasidae
    • Familia Solenostomidae
    • Familia Syngnathidae

Pero no FishBase separan algunhas familias na orde Syngnathiformes e consideran que os Gasterosteiformes só constan de cinco familias:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diádromos son peixes que nadan entre augas salgadas e doces, do grego día, "entre".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]