Gaspar Jaén
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (72/73 anos) Elx, España |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, urbanista, escritor |
Premios | |
| |
Gaspar Jaén Urban, nado en Elx en 1952, é un escritor e arquitecto español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou arquitectura na Escola de Arquitectura de Valencia, logo de rematala foi arquitecto municipal de Elx e profesor de debuxo arquitectónico na Escola Politécnica Superior de Alacant.
En 1976 apareceu o seu primeiro libro de poesía, Cadells de la fosca trencada. Séguenlle Les Flors de Bruc (1978), Cartes italianas (1979), Pòrtic de la Glòria (1980), L'Illa (1981), Cambra de mapes (1982), La festa (1982) , Fragments (1991), Del temps present (1998), Pòntiques (2000) e Territoris (2003). Àngels barrocs d'algeps en el corredor de l'orgue (1978) é un libro de prosa poética.
A súa é unha poesía culturalista, chea de imaxes, cunha linguaxe moi traballada. Entre as súas obras de ensaio destacan Qüestions territorials al País Valencià (1983) e La Glorieta d'Elx: formació i transformació d'un espai urbà central (1991).