Saltar ao contido

Garza branca grande

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Garza branca grande
Ardea alba
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
egret (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome común
Garza branca Editar o valor en Wikidata
 Sinonimia
Casmerodius albus
Egretta alba
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePelecaniformes
FamiliaArdeidae
XéneroArdea
EspecieA. alba
Identificadores
Freebase/m/01jl55 Editar o valor en Wikidata
ITIS554135 Editar o valor en Wikidata
OTT625779 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Ardea alba melanorhynchos

A garza branca grande[1] (Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus) é unha garza presente en moitas das zonas de clima tropical e temperado do mundo.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A garza branca grande é unha garza de tamaño grande co peteiro amarelo e patas e pés gris escuros. Mide entre 85 e 100 cm de lonxitude, e ten unha envergadura de ás que vai de 145 a 170 cm, pesa ata 1,5 kg. En xeral, os machos son algo meirandes cás femias. O bico é longo e dereito. A cola curta. A plumaxe é uniformemente branca. Voan, coma tódalas garzas, co pescozo encollido, o que as diferencia das cegoñas e as grúas.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

É a garza de distribución máis ampla. Vive no continente americano ata ó sur do Canadá, no sur e centro de Europa en África e no Oriente Medio. É unha especie parcialmente migratoria: os exemplares do hemisferio norte viaxan cara ó sur nos invernos máis fríos.

Habita en canavais preto de lagos, ríos e pantanos, nos que haxa tamén árbores e arbustos. Fóra da época de cría, atópase a gusto en zonas de chaira.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Come insectos, anfibios, peixes e ratos e mamíferos pequenos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Forman colonias de cría. Constrúen niños moi grandes de garabullos nas árbores. Poñen, entre abril e xuño, tres ou catro ovos.

É unha especie en certa expansión, aínda que está en perigo nalgunhas áreas da súa distribución, como Nova Zelandia. En Australia é unha especie protexida. En Norteamérica foron cazadas en grandes cantidades a finais do século XIX para usa-las súas plumas na decoración de sombreiros, pero as súas poboacións aumentaron grazas ás medidas de protección. A destrución do seu hábitat é a ameaza máis grande para a súa supervivencia. Está incluída no AEWA (Acordo para a conservación das aves acuáticas de África e Eurasia).

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Segundo os autores o nome científico desta especie é Egretta alba, Ardea alba ou Casmerodius albus. Ten catro subespecies distribuídas por diferentes partes do mundo:

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.