Garyu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Garyu (xaponés: 臥龍) é un kata do karate, que foi creado por Masutatsu Oyama, o fundador do estilo Kyokushin. É unha forma moderna, polo que posúe algunhas técnicas ausentes nos kata máis tradicionais, como xutes longos e xiratorios. O nome do kata é o pseudónimo usado por Oyama no tempo en que empezaba a practica de karate, e o obxectivo da denominación é destacar a humildade, pois, coma un dragón recostado, que ten gran poder, mais que non usa tal forza por calquera motivo.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O enbusen da forma é precipuamente linear con só dous desprazamentos para cada lateral. Polo conxunto de técnicas presentes no kata, acostúmase clasificalo como da liñaxe do estilo Naha-te, posto que presente algúns movementos máis aproximados do wushu chinés. O kata comeza e termina, como todos, na postura de musubi kamae. Saíndo da postura inicial fírmase a posición contraída e cun exercicio de respiración ibuki. Despois, logo no segundo kyodo, o practicante executa un xute na dirección da parte superior do corpo (jodan) coa perna dereita, procedemento repetido no cuarto kyodo. No décimo quinto kyodo, o practicante executa dous xutes en , un mae geri e un ushiro mawashi geri.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lind, Werner (1998). Karate. I kata classici nell'insegnamento dei grandi maestri (en italiano). Roma: Mediterranee. p. 73.