Gardnerella vaginalis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gardnerella
Imaxe microscópica de células do epitelio vaxinal cubertas de células de Gardnerella vaginalis, aumentado x400.
Imaxe microscópica de células do epitelio vaxinal cubertas de células de Gardnerella vaginalis, aumentado x400.
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Actinobacteria
Clase: Actinobacteria
Orde: Bifidobacteriales
Familia: Bifidobacteriaceae
Xénero: Gardnerella
Especie: G. vaginalis
Nome binomial
'Gardnerella vaginalis'
(Gardner and Dukes 1955)[1] Greenwood and Pickett 1980[2]

Gardnerella vaginalis é unha especie de bacterias, a única especie do xénero Gardnerella. É unha bacteria con tinguidura de Gram variable anaerobia facultativa con forma de cocobacilo de 1-1,5 µm de diámetro, non formadora de esporas e non motil.

Esta especie foi tamén denominada Haemophilus vaginalis e Corynebacterium vaginalis. O xénero recibe o seu nome polo bacteriólogo americano Hermann L. Gardner (1918 – 2005), que a descubriu en 1955.

Gardnerella vaginalis crece formando colonias en ágar chocolate ou en ágar HBT pequenas, circulares, convexas, e grises. Un medio selectivo para G. vaginalis é o ágar sangue colistina-ácido oxolínico.

Importancia clínica[editar | editar a fonte]

Gardnerella vaginalis é unha bacteria pertencente á flora vaxinal que está implicada, xunto con outras bacterias, na vaxinose bacteriana orixinada nalgunhas mulleres como resultado da alteración da flora vaxinal normal. As bacterias residentes na vaxina máis abundantes son os anaerobios Lactobacillus, que axudan a crear un ambiente ácido, pero a composición da flora altérase en certas circunstancias, que outras bacterias aproveitan para proliferar, como G. vaginalis. A administración de antibióticos acaba coa proliferación de G. vaginalis, o que restaura o equilibrio normal na flora.

Aínda que esta especie se illou tipicamente en cultivos de mostras tomadas da rexión xenital, pode tamén detectarse en mostras procedentes do sangue, ouriños, e farinxe. A bacteria pode atoparse na flora bacteriana de mulleres sas e asintomáticas e só en certas circunstancias pode orixinar a vaxinose bacteriana.

A bacteria ten unha parede que estruturalmente é de tipo grampositivo,[3] pero como a súa parede celular é tan delgada pode aparecer nas tinguiduras como grampositiva ou gramnegativa, polo que se di que é Gram variable. Nos casos de vaxinose bacteriana as células do epitelio vaxinal aparecen ao microscopio cubertas de bacterias.

G. vaginalis produce unha toxina formadora de poros chamada vaxinolisina, que afecta só ás células humanas.[4]

As actividades dos encimas protease e sialidase están frecuentemente asociadas a G. vaginalis.[5][6][7][8]

Tratamento[editar | editar a fonte]

O tratamento faise con antibióticos como metronidazol[9] e clindamicina,[10][11] por vía oral ou en forma de xeles/cremas vaxinais. O tratamento é moi efectivo.

Síntomas[editar | editar a fonte]

Gardnerella vaginalis é a causa predominante da vaxinose bacteriana,[12] que ás veces é asintomática,[13] pero que adoita producir descargas vaxinais, irritación vaxinal, e un cheiro "a peixe". Na "proba do olor a amina" engádese un 10% de KOH á descarga, e o resultado positivo vén indicado se se produce un cheiro a peixe. Esta e outras probas poden utilizarse para distinguir entre os síntomas vaxinais relacionados con G. vaginalis e os causados por outros organismos, como o protozoo Trichomonas e o fungo Candida albicans, que son similares e poden requirir un diferente tratamento. Trichomonas vaginalis e G. vaginalis teñen presentacións clínicas similares e poden causar unha descarga vaxinal escumosa gris ou verde amarelada, proído, e produce uha "proba do olor" positiva. Poden distingirse utilizando unha preparación húmida, na que un frotis do epitelio vaxinal se dilúe e despois se estende no portaobxectos para a súa observación microscópica. As células de Gardnerella adhírense ás células do epitelio vaxinal, cubríndoas, o que é moi característico e obsérvase moi ben ao microscopio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gardner HL, Dukes CD (1955). "Haemophilus vaginalis vaginitis. A newly defined specific infection previously classified 'Non-specific vaginitis'.". Am J Obstet Gynecol 69: 962–976. 
  2. J. R. Greenwood; M. J. Pickett (1980). "Transfer of Haemophilus vaginalis Gardner and Dukes to a New Genus, Gardnerella: G. vaginalis (Gardner and Dukes) comb. nov.". International Journal of Systematic Bacteriology 30 (1): 170–178. doi:10.1099/00207713-30-1-170. 
  3. Harper, J. J.; Davis, G. H. G. (1982-01-01). "Cell Wall Analysis of Gardnerella vaginalis (Haemophilus vaginalis)". International Journal of Systematic Bacteriology (en inglés) 32 (1): 48–50. ISSN 0020-7713. doi:10.1099/00207713-32-1-48. 
  4. Gelber, S. E.; Aguilar, J. L.; Lewis, K. L. T.; Ratner, A. J. (2008). "Functional and Phylogenetic Characterization of Vaginolysin, the Human-Specific Cytolysin from Gardnerella vaginalis". Journal of Bacteriology 190 (11): 3896–3903. doi:10.1128/JB.01965-07. PMC 2395025. PMID 18390664.
  5. Lopes dos Santos Santiago, G., P. Deschaght, N. El Aila, T. N. Kiama, H. Verstraelen, K. K. Jefferson, M. Temmerman, and M. Vaneechoutte. 2011. Gardnerella vaginalis comprises three distinct genotypes of which only two produce sialidase. Am. J. Obstet. Gynecol. 204:450.e1-450.e7.
  6. Harwich, M. D., Jr., J. M. Alves, G. A. Buck, J. F. Strauss, 3rd, J. L. Patterson, A. T. Oki, P. H. Girerd, and K. K. Jefferson. 2010. Drawing the line between commensal and pathogenic Gardnerella vaginalis through genome analysis and virulence studies. BMC Genomics 11:375.
  7. von Nicolai, H., R. Hammann, S. Salehnia, and F. Zilliken. 1984. A newly discovered sialidase from Gardnerella vaginalis. Zentralbl. Bakteriol. Mikrobiol. Hyg. A. 258:20-26.
  8. Yeoman, C. J., S. Yildirim, S. M. Thomas, A. S. Durkin, M. Torralba, G. Sutton, C. J. Buhay, Y. Ding, S. P. Dugan-Rocha, D. M. Muzny, X. Qin, R. A. Gibbs, S. R. Leigh, R. Stumpf, B. A. White, S. K. Highlander, K. E. Nelson, and B. A. Wilson. 2010. Comparative genomics of Gardnerella vaginalis strains reveals substantial differences in metabolic and virulence potential. PLOS ONE 5:e12411.
  9. Jones BM, Geary I, Alawattegama AB, Kinghorn GR, Duerden BI (1985). "In-vitro and in-vivo activity of metronidazole against Gardnerella vaginalis, Bacteroides spp. and Mobiluncus spp. in bacterial vaginosis". J. Antimicrob. Chemother. 16 (2): 189–97. PMID 3905748. doi:10.1093/jac/16.2.189. 
  10. Khan, F. Z. (2011). "Microbial Infections in females of childbearing age and therapeutic interventions". Rawal Medical Journal 36 (3): 178–181. 
  11. Ferris, D.G., Litaker, M.S., Woodward, L., Mathis, D., Hendrich, J. (1995). "Treatment of bacterial vaginosis: a comparison of oral metronidazole, metronidazole vaginal gel, and clindamycin vaginal cream". The Journal of Family Practice 41 (5): 443–449. 
  12. http://www.biomedcentral.com/1471-2180/12/301/abstract
  13. Schwebke, Jane R. (2000). "Asymptomatic bacterial vaginosis". American Journal of Obstetrics & Gynecology 183 (6): 1434–1439. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]