Gardiáns da noite
| Gardiáns da noite | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua
| |||||||||
|
Franquía de medios
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Autor/a
| |||||||||
|
Ilustrador/a
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Universo ficticio
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Público obxectivo
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Gardiáns da noite (en xaponés: 鬼滅の刃; Kimetsu no Yaiba)[1] é unha serie manga escrita e ilustrada por Koyoharu Gotouge. Foi serializado na revista Shueisha Weekly Shōnen Jump de febreiro de 2016 a maio de 2020, cos seus capítulos recollido en 23 volumes. O manga conta a historia de Tanjiro Kamado un mozo que se esforza por converterse nun cazador de demos despois de que a súa familia fose asasinada e a súa irmá pequena, Nezuko, se converta nun demo.
O manga adaptouse nun anime de 26 episodios producido por Ufotable, que se emitiu de abril a setembro de 2019, e tivo un filme secuela, Kimetsu no Yaiba: Mugen Ressha-hen, estreado en outubro de 2020. A segunda tempada, de 18 episodios, emitiuse de outubro de 2021 a febreiro de 2022, mentres que en febreiro de 2023 estreouse un filme recompilatorio, Kimetsu no Yaiba: Katanakaji no Sato-hen. A terceira tempada de 11 episodios emitiuse de abril a xuño de 2023, mentres que outra película recompilatoria, Kimetsu no Yaiba: Hashira Geiko-hen, estreouse en febreiro de 2024. A cuarta tempada estrearase no segundo trimestre de 2024.
A primeira temporada do anime estreouse dobrada ao galego na tvG2 o 23 de outubro de 2024.[2]
Lista de episodios
[editar | editar a fonte]Tempada 1
[editar | editar a fonte]| N.º (serie) |
Título en galego Título orixinal |
Director(es) | Guionista(s) | Data da estrea |
|---|---|---|---|---|
| 1 | "Crueldade" «Zankoku» (en xaponés: 残酷) | Haruo Sotozaki | Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro vai á vila para vender carbón e axudar a súa nai. Demórase facendo cousas para os veciños e ten que pasar a noite na casa dun deles. Á mañá seguinte, cando chega á súa casa, encóntrase cunha sorpresa arrepiante. | ||||
| 2 | "Sakonji Urokodaki, o instrutor" «Sodate Urokodaki Sakonji» (en xaponés: 育手・鱗滝左近次) | Haruo Sotozaki | Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro leva ás costas a súa irma ata chegaren a unha mansión na que se encontran cun ser arrepiante. Despois, aparece Sakonji Urokodaki, un misterioso instrutor ó que Tanjiro chega recomendado, co que ten que superar unhas probas. | ||||
| 3 | "Sabito e Makomo" «Sabito to Makomo» (en xaponés: 錆兎と真菰) | Shin'ya Shimomura | Haruo Sotozaki | |
|
Despois de poñer a proba a Tanjiro centos de veces, Sakonji Urokodaki decide que non lle pode ensinar máis e déixao só na montaña, onde coñece a Sabito e a Makomo. | ||||
| 4 | "A criba final" «Saishū Senbetsu» (en xaponés: 最終選別) | Shin'ya Shimomura | Toshiyuki Shirai | |
|
Unha vez superados moitos retos e despois de meses de adestramento cos dous misteriosos cazademos, Tanjiro enfróntase a probas reais nas que está en xogo a súa vida e a posibilidade de devolverlle a súa irmá unha vida normal. | ||||
| 5 | "O meu aceiro" «Onore no Hagane» (en xaponés: 己の鋼) | Takashi Suhara | Takashi Suhara | |
|
Despois de vencer un súper-demo, danlle unha espada e asígnanlle corvo a cada novo mata-demos. As espadas fórxanse cun mineral que escolle cada un e a espada de Tanjiro é negra. O corvo asígnalle a súa primeira misión como cazador de demos. | ||||
| 6 | "O cazador e o seu demo" «Oni wo Tsureta Kenshi» (en xaponés: 鬼を連れた剣士) | Jun'ichi Minamino | Jun'ichi Minamino | |
|
Tanjiro e Nezuko vanse da casa de Urokodaki e diríxense a unha vila na que desaparecen mozas e rapazas desde hai tempo. Alí, Tanjiro descobre que lle falta algo e que ás veces necesitará a axuda de Nezuko. | ||||
| 7 | "Muzan Kibutsuji" «Kibutsuji Muzan» (en xaponés: 鬼舞辻 無慘) | Takahiro Majima e Masashi Takeuchi | Masashi Takeuchi | |
|
Despois de loitaren cun arrepiante monstro demoníaco, Tanjiro e Nezuko comezan a súa viaxe a Tokyo. Cando chegan, a cidade impresiónaos coas súas luces e cores... E é en Tokyo onde Tanjiro ve o malvado que vai buscando. | ||||
| 8 | "Un sedutor recendo a sangue" «Genwaku no Chi no Kaori» (en xaponés: 幻惑の血の香り) | Hideki Hosokawa | Haruo Sotozaki | |
|
Tras o desagradable encontro co demo máis poderoso, Tanjiro salva dúas vidas e coñece unha demoníaca moza con boas intencións, moitos recursos e un axudante que tolea por ela. | ||||
| 9 | "Demo do balón, demo das frechas" «Temari Oni to Yajirushi Oni» (en xaponés: 手毬鬼と矢印鬼) | Shin'ya Shimomura | Haruo Sotozaki | |
|
Tamayo dille a Tanyiro que debe conseguir o sangue de dous demos para tratar de facer unha medicina que lle devolva a Nezuko a súa forma humana... Pero dan con dous demos que venden o seu sangue moi caro. | ||||
| 10 | "Sempre xuntos" «Zutto Issho ni Iru» (en xaponés: ずっと一緒にいる) | Yūki Itō | Yoshiaki Kawajiri | |
|
Tanjiro e Nazuko teñen que enfrontarse a uns demos moito máis fortes que os que encontraron ata agora. Contan coa axuda de Tamayo e de Yushiro pero, aínda así, o esforzo necesario é moito maior que noutras ocasións. | ||||
| 11 | "A mansión dos tambores" «Tsuzumi no Yashiki» (en xaponés: 鼓の屋敷) | Shūji Miyahara | Toshiyuki Shirai | |
|
Zenitsu e Tanjiro chegan a unha mansión onde ven dous rapaces asustados e chorando. | ||||
| 12 | "Zenitsu dorme e o xabaril mostra os seus cabeiros" «Inoshishi wa Kiba wo Muki, Zenitsu wa Nemuru» (en xaponés: 猪は牙を剥き、善逸は眠る) | Susumu Takeuchi | Masashi Takeuchi | |
|
Zenitsu, sen ser consciente de que o fai, mostra un aspecto descoñecido del mesmo. | ||||
| 13 | "Algo máis importante cá vida" «Inochi Yori Daiji-na Mono» (en xaponés: 命より大事なもの) | Yūsuke Shibata | Haruo Sotozaki | |
|
Dentro da Mansión do Tambor, Tanjiro enfróntase a varios matademos. | ||||
| 14 | "A Casa da Glicinia" «Fuji no Hana no Kamon no Ie» (en xaponés: 藤の花の家紋の家) | Haruo Sotozaki e Shūji Miyahara | Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro, Zenitsu e Inosuke van á Casa da Glicinia, un lugar de descanso para os cazadores de demos. | ||||
| 15 | "O monte Natagumo" «Natagumo-yama» (en xaponés: 那多蜘蛛山) | Yūki Itō e Shinsuke Gomi | Yūki Itō | |
|
Tanjiro, Inosuke e Zenitsu chegan ó monte Natagumo, onde vive unha horda de arañas. | ||||
| 16 | "Que outros avancen" «Jibun Dewanai Dareka wo Mae e» (en xaponés: 自分ではない誰かを前へ) | Ken Takahashi | Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro e Inosuke atopan no monte un grupo de matademos que actúan baixo o control dun demo. | ||||
| 17 | "Ten algo que perfeccionar" «Hitotsu no Koto Kiwamenuke» (en xaponés: 一つのこと極め抜け) | Shūji Miyahara e Takuya Nonaka | Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro descobre que un demo podería ser a clave para que Nezuko volva ser humana. | ||||
| 18 | "Vínculos falsos" «Nisemono no Kizuna» (en xaponés: 偽物の絆) | Akihiko Uda | Yoshiaki Kawajiri | |
|
Tanjiro é testemuña de como Rui, un demo araña, maltrata a súa irmá. | ||||
| 19 | "O deus do lume" «Hinokami» (en xaponés: ヒノカミ) | Toshiyuki Shirai | Toshiyuki Shirai | |
|
Giyu Tomioka chega ao monte Natagumo e salva a Inosuke. | ||||
| 20 | "Unha familia postiza" «Yose Atsume no Kazoku» (en xaponés: 寄せ集めの家族) | Takashi Suhara | Takashi Suhara | |
|
Shinobu, un matademos, lembra a historia da familia de demos dese monte. | ||||
| 21 | "Infracción contra o corpo" «Tairitsu Ihan» (en xaponés: 隊律違反) | Takuya Nonaka | Takuya Nonaka e Toshiyuki Shirai | |
|
Rui lembra como se converteu en demo e anhela aínda máis ese vínculo familiar forte que non ten. | ||||
| 22 | "O patrón" «Oyakata-sama» (en xaponés: お館様) | Yūki Itō | Takashi Suhara | |
|
A Tanjiro sométeno a xuízo ante os piares do corpo de matademos. | ||||
| 23 | "A reunión dos piares" «Chūgō Kaigi» (en xaponés: 柱合会議) | Ken Takahashi | Takashi Suhara | |
|
No xuízo, o piar Sanemi tenta co seu sangue a Nezuko para demostrar que non se poden fiar dela. | ||||
| 24 | "Rehabilitación" «Kinō Kaifuku Kunren» (en xaponés: 機能回復訓練) | Shūji Miyahara e Akihiko Uda | Akihiko Uda e Haruo Sotozaki | |
|
Tanjiro, Inosuke e Zenitsu reciben tratamento na Quinta das Bolboretas. | ||||
| 25 | "Kanao Tsuyuri, a sucesora" «Tsuguko Kanao Tsuyuri» (en xaponés: 継ぐ子 栗花落カナヲ) | Shin'ya Shimomura | Shin'ya Shimomura | |
|
Tanjiro adéstrase para conseguir manter a respiración de concentración total de forma continua. | ||||
| 26 | "Unha misión nova" «Aratanaru Nimmu» (en xaponés: 新たなる任務) | Haruo Sotozaki e Yuichi Terao | Haruo Sotozaki e Yuichi Terao | |
|
Muzan Kibutsuji reúne os demos de menos categoría e dálle unha encomenda ao único supervivente. | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bae, John (19 de febreiro de 2016). "VIZ Blog / Nihongo Lesson 02/19/16". Viz Media. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de decembro de 2019.
- ↑ "programación TVG | CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2024-10-22.