Saltar ao contido

García (apelido)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
García
 Instancia de
 Parte de
 Nome orixinal
García (mul) Editar o valor en Wikidata
 Lista do elemento
Características
 Alfabeto
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 129481
Wikidata C:Commons
Distribución dos apelidos máis comúns por provincias en España, segundo datos de 2006. García é o apelido máis común en 31 provincias, entre elas a provincia da Coruña.

García[1] é un apelido patronímico do nome de pila homónimo García, moi estendido pola Península Ibérica (en particular en España e Andorra, onde é o apelido máis frecuente), onde se orixinou, así como por Filipinas e Iberoamérica.[2][3] Segundo datos do INE de 2016, é apelido máis estendido en España.[4]

En xaneiro de 2023 existían 147.604 persoas en Galicia co apelido García, ben sexa como primeiro ou segundo apelido.[5]

Hipótese sobre a orixe do apelido

[editar | editar a fonte]

Segundo o filólogo e historiador Alberto Montaner Frutos, García é un antropónimo moi antigo, de orixe prerromana, «posiblemente íbero-aquitano, cuxo étimo considerouse afín ao éuscaro (h)artz ‘oso’, que na súa versión determinada é (h)artzea e cuxa forma antiga sería kartzea».[6] Esta etimoloxía foi defendida tamén polos filólogos e historiadores Ramón Menéndez Pidal e Antonio Tovar.[7]

O lingüista Alfonso Irigoyen opina que a etimoloxía vén da palabra gaztea, que quere dicir «nova» e que en parte do norte de Navarra sempre se dixo "gartzea" ou "gartzia", sendo o son "tz" transcrito coa letra "c",[7] aínda que Montaner Froitos discrepa porque considera que é «foneticamente inviable».[6][a]

  1. Outros autores, entre eles o tratadista do século XVIII Juan Félix de Rújula, seguido por outros tratadistas posteriores, baseándose en suposicións xenealóxicas afirman, sen achegar proba filóloxica algunha, que a orixe pode ser godo,[8] da palabra garxa ou garcha,[3] que quere dicir «príncipe da vista agraciada».[3][8]

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2024). "García". Guía de apelidos galegos. A Coruña: Real Academia Galega. <https://academia.gal/apelidos>. Consultado o 30 de xaneiro de 2025.
  2. "Difusión del apellido GARCIA". Mapa De Apellidos de México (en castelán). Consultado o 2025-09-14.
  3. 1 2 3 Elián, Juan Sebastián (2001). El gran libro de los apellidos y la heráldica. Robinbook. p. 127.
  4. "INEbase / Demografía y población / Análisis y estudios demográficos" (PDF). INE. Consultado o 23 de novembro de 2017.
  5. Apelido García na web do Instituto Galego de Estatística.
  6. 1 2 Montaner, Alberto (2017). Ciento cincuenta apellidos aragoneses. Zaragoza: Prensa Diaria Aragonesa. p. 96. ISBN 978-84-95490-16-2.
  7. 1 2 Kintana, Xabier. "Gartzia (Garzia, García) euskal deitura dela eta". Real Academia de la Lengua Vasca (Euskaltzaindia) (en éuscaro). Bilbao.
  8. 1 2 Rújula, Juan Félix de (1791). Despacho confirmatorio de los blasones de armas, nobleza y genealogía, entronques y conexîones méritos y servicios, que por todas líneas paternas y maternas pertenecen al muy ilustre señor Don Juan Francisco Antonio de los Heros, Herran, etc. etc. Madrid: Imprenta de la viuda de Ibarra. p. 106.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]