Garbage plate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Prato cos contidos dun white Garbage Plate.

O Garbage Plate (literalmente traducido como "prato de lixo") é un prato típico de Rochester (Nova York) coñecido pola cadea Nick Tahou Hots fundada por Nick Tahou que morreu no ano 1997 tras te-lo negocio aberto durante case 50 anos. A fama de seu prato, fixo que fose copiado en moitos lugares debido ao éxito do su prato e á alta demanda do mesmo.

Características[editar | editar a fonte]

Un Garbage Plate é unha mestura de ingredientes combinados (hamburguesa con queixo, hamburguesa, un filete, un hotdog, un white hot, salchicha italiana, tiras de polo, peixe, xamón frito, queixo á grella, e ovos, que estes son colocados na parte superior, xunto pataca asada, patacas frixidas, baked beans, ou ben ensalada de macarróns.

Na parte superior pon-se un chisco de mostaza e cebolas e o ingrediente especial: a "salsa picante" Nick's - unha salsa moi especiada que contén carne picada.

O garbage plate ven tamén con un anaco de pan ao estilo italiano e manteiga. A maioría dos comensais empregan como salsas kétchup, mostaza o unha salsa picante, en particular a Frank's Red Hot. A A1 Steak Sauce é empregada tamén.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina web oficinal do restaurante Nick Tahou Hots