Gang of Four

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gang of Four
Gang of Four in Bergen.jpg
Orixe Leeds, Inglaterra Flag of England.svg
Período 19771983
1987 - 1997
2004 - actualidade
Xénero(s) post-punk, New Wave, dance-punk
Selo(s) discográfico(s) V2 Records, EMI, Warner Bros. Records, PVC/Jem, Fast Product
Membros Jon King
Andy Gill
Mark Heaney
Thomas Mcneice
Antigos membros Dave Allen
Hugo Burnham
Sara Lee
Busta "Cherry" Jones
Web oficial http://www.gangoffour.co.uk/


Gang of Four é unha banda inglesa de post-punk procedente de Leeds. Os membros orixinais son o vocalista Jon King, o guitarrista Andy Gill, o baixista Dave Allen e o batería Hugo Burnham. A banda formouse en 1977 e separouse dúas veces ata que no ano 2004 a formación orixinal reuníuse novamente ata o 2006, cando Allen foi reemprazado no baixo por Thomas McNeice e Burnham na batería por Mark Heaney.

Gang of Four toca un estilo moi básico de punk rock con fortes elementos de funk, minimalismo e dub reggae, facendo énfase en temas políticos e sociais. É considerada unha das bandas que lideraron o movemento post-punk de finais dos 70 e principios dos 80. Nos seus últimos álbums (Songs of the Free e Hard) suavizan algunhas das súas cualidades máis discordantes, e tenden cara o dance-punk e a música disco. O seu traballo de estrea, Entertainment!, está no posto 490 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos[1].

Influencia[editar | editar a fonte]

Gang of Four foi unha gran influencia nun bo número de exitosos grupos de rock alternativo durante os anos 80 e 90, aínda que poucos dos seus seguidores adoptaron o seu punto de vista artístico ou político. O líder de R.E.M. Michael Stipe citou a Gang of Four como unha das súas principais influencias; Flea dos Red Hot Chili Peppers afirmou que Gang of Four foi a principal guía nos primeiros tempos da súa banda (Andy Gill de feito produxo o álbum de estrea dos Chili Peppers). Kurt Cobain dixo que Nirvana comezou como "unha estafa de Gang of Four".

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]