Gamma (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gamma
Esquema de Gamma.
TipoObservatorio espacial.
OrganizaciónCNRS/CNES/IKI[1]
Destino actualReentrado na atmosfera.
Data de lanzamento11 de xullo de 1990[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz U2[1][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[1][5]
Obxectivo da misiónObservación astronómica en raios gamma.[1][5]
Decaemento28 de febreiro de 1992
NSSDC ID1990-058A
Masa7000 kg[1][4][5]
Dimensións7,7 metros de longo por 12 metros de envergadura[5]

Gamma foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa lanzado o 11 de xullo de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Gamma foi realizar observacións astronómicas na banda de lonxitudes de onda dos raios gamma e raios X. O seu deseño derivou do das cápsulas tripuladas Soiuz e desde a súa concepción ata o lanzamento transcorreron 25 anos. O deseño inicial data de 1965 e pensouse para formar parte dunha "estación espacial en nube" que constaría dunha estación espacial principal rodeada de estacións e naves secundarias con distintas funcións.[1][4][5]

Gamma usaría o sistema de propulsión das Soiuz, pero os módulos de descenso e orbital reemplazáronse por un cilindro presurizado coa instrumentación científica no seu interior. Os traballos sobre a instrumentación comezaron en 1972, e a colaboración francesa comezou en 1974.[1][4][5]

Despois da cancelación do foguete N1 e estación espacial MKBS que sería o núcleo da estación en nube produciuse unha reorganización do programa espacial soviético no que se autorizou o desenvolvemento de Gamma xunto coa estación DOS, que chegaría a converterse na estación espacial Mir.[1][4][5]

O deseño do observatorio completouse en 1978, e a súa construción, xunto co da Mir, foi autorizada o 16 de febreiro de 1979. O deseño inicial tiña un porto de acoplamento pasivo para que o satélite puidese ser visitado por naves tripuladas para o seu mantemento. Esta posibilidade descartouse en 1982 co aumento do peso do observatorio e cando se fixo evidente que tódalas Soiuz terían que usarse para manter a estación Mir.[1][4][5]

A data inicial de lanzamento estaba prevista para 1984, pero dificultades técnicas a atrasaron ata 1990.[1][4][5] Gamma estudou o púlsar Vela, a rexión do centro galáctico, as binarias de Cygnus e a fonte Hércules X-1, así como as emisións de alta enerxía do Sol durante un pico de actividade solar.[5]

O satélite reentrou na atmosfera tras cumprir a súa misión o 28 de febreiro de 1992.[2]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Gamma levaba tres telescopios para observar a altas enerxías:[5]

  • Telescopio Gamma 1: era o principal instrumento, deseñado para observar a enerxías de entre 50 MeV e 6 GeV. Consistía en dous contadores de centelleo e un contador Cerenkov de gas, cunha área efectiva de 2000 cm² e unha resolución angular a 100 MeV de 1,5 graos. O telescopio incluía unha adición de última hora, unha máscara codificada de tungsteno que podía moverse dentro e fóra do campo de visión do telescopio e que melloraba a resolución. Pouco despois do lanzamento un dos compoñentes fallou, rebaixando a resolución angular á que podía observar a 10 graos.[5]
  • Telescopio Disk-M: observaba no rango de enerxías entre 20 keV e 5 MeV cun detector de ioduro de sodio cunha resolución angular de 25 minutos de arco. Deixou de funcionar pouco despois do lanzamento.[5]
  • Telescopio Pulsar X-2: observaba a enerxías entre 2 e 25 keV cunha resolución de 30 minutos de arco cun campo de visión de 10 x 10 graos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 NASA (4 de novembro de 2011). "Gamma 1" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "GAMMA" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 7 November 1990 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (90-31488): 2. 20 de novembro de 1990. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Gamma" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 5,10 5,11 5,12 5,13 5,14 Mark Wade (2011). "Gamma" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2012.