Game of Thrones (tempada 1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Game of Thrones (temporada 1)»)

Primeira tempada de Game of Thrones
Tempada de Game of Thrones
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios10
Emisión
Canle orixinalHBO
Emisión orixinal17 de abril do 2011- 19 de xuño de 2011
Cronoloxía
Primeira tempada de Game of Thrones Game of Thrones (tempada 2)

A primeira tempada da serie de televisión Game of Thrones comezou a emitirse o 17 de abril do 2011 e concluíu o 19 de xuño de 2011. Consta de 10 episodios, cada un deles de 55 minutos de duración. Game of Thrones baséase na novela A Game of Thrones, a primeira entrega da saga A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin. A historia ten lugar nun mundo ficticio, especialmente no continente chamado Westeros, pero tamén noutro continente, cara ao leste, coñecido como Essos,[1]. A trama trata do nobre Lord Eddard Stark (Sean Bean) da Casa Stark, que é requirido polo Rei Robert Baratheon cando Jon Arryn, o seu conselleiro xefe coñecido como a Man do Rei, morre misteriosamente.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Sean Bean
(Ned Stark)
Mark Addy
(Robert Baratheon)
Nikolaj Coster-Waldau
(Jaime Lannister)
Lena Headey
(Cersei Lannister)
Aidan Gillen
(Petyr Baelish)
Harry Lloyd
(Viserys Targaryen)
Kit Harington
(Jon Snow)
Richard Madden
(Robb Stark)

Elenco principal[editar | editar a fonte]

Protagonistas

Elenco convidado[editar | editar a fonte]

No Muro
  • James Cosmo como Lord Comandante Jeor Mormont (5 episodios)
  • Peter Vaughan como Maestre Aemon (3 episodios)
  • Brian Fortune como Bowen Marsh (2 episodios)
  • Joseph Mawle como Benjen Stark (3 episodios)
  • Francis Magee como Yoren (5 episodios)
  • Owen Teale como Ser Alliser Thorne (4 episodios)
  • John Bradley como Samwell Tarly (5 episodios)
  • Josef Altin como Pypar (6 episodios)
  • Mark Stanley como Grenn (6 episodios)
  • Luke McEwan como Rast (6 episodios)
  • Bronson Webb como Will (1 episodio)
No norte
  • Art Parkinson como Rickon Stark (3 episodios)
  • Clive Mantle como Lord Jon "Greatjon" Umber (3 episodios)
  • Steven Blount como Lord Rickard Karstark (1 episodio)
  • Donald Sumpter como Maestre Luwin (7 episodios)
  • Ron Donachie como Ser Rodrik Cassel (9 episodios)
  • Jamie Sives como Jory Cassel (5 episodios)
  • Susan Brown como Septa Mordane (6 episodios)
  • Margaret John como Vella Nan (2 episodios)
  • Kristian Nairn como Hodor (5 episodios)
  • Natalia Tena como Osha (4 episodios)
No sur
  • Charles Dance como Lord Tywin Lannister (4 episodios)
  • Lino Facioli como Lord Robert Arryn (3 episodios)
  • David Bradley como Lord Walder Frey (1 episodio)
  • Kate Dickie como Lady Lysa Arryn (3 episodios)
  • Finn Jones como Ser Loras Tyrell (2 episodios)
  • Ian Gelder como Ser Kevan Lannister (3 episodios)
  • Conan Stevens como Ser Gregor Clegane (2 episodios)
  • Brendan McCormack como Ser Vardis Egen (2 episodios)
  • Jerome Flynn como Bronn (6 episodios)
  • Sibel Kekilli como Shae (2 episodios)
En Desembarco do Rei
  • Callum Wharry como Príncipe Tommen Baratheon (4 episodios)
  • Aimee Richardson como Princesa Myrcella Baratheon (4 episodios)
  • Gethin Anthony como Lord Renly Baratheon (5 episodios)
  • Julian Glover como Grand Maestre Pycelle (8 episodios)
  • Conleth Hill como Lord Varys (7 episodios)
  • Ian McElhinney como Ser Barristan Selmy (6 episodios)
  • Ian Beattie como Ser Meryn Trant (2 episodios)
  • Wilko Johnson como Ser Ilyn Payne (3 episodios)
  • Dominic Carter como Janos Slynt (3 episodios)
  • Eugene Simon como Lancel Lannister (4 episodios)
  • Miltos Yeromelou como Syrio Forel (3 episodios)
  • Joe Dempsie como Gendry (2 episodios)
  • Esmé Bianco como Ros (5 episodios)
  • Eros Vlahos como Lommy Greenhands (1 episodio)
  • Ben Hawkey como Hot Pie (1 episodio)
  • David Scott como Beric Dondarrion (1 episodio)
Alén do Mar Angosto
  • Roger Allam como Magister Illyrio Mopatis (2 episodios)
  • Dar Salim como Qotho (6 episodios)
  • Elyes Gabel como Rakharo (7 episodios)
  • Amrita Acharia como Irri (9 episodios)
  • Roxanne McKee como Doreah (6 episodios)
  • Mia Soteriou como Mirri Maz Duur (3 episodios)

Episodios[editar | editar a fonte]

N.º
(serie)
N.º
(temp.)
Título orixinal
Título en galego
Director(es) Guionista(s) Data da estrea Audiencia en EE. UU. (millóns)
11 "Winter Is Coming"
«Achégase o inverno»
Tim Van PattenDavid Benioff e D. B. Weiss17 de abril de 20112.222[2]

O rei Robert Baratheon de Westeros viaxa ó Norte para ofrecerlle ó seu vello amigo Ned Stark, Gardián do Norte e Señor de Winterfell, o posto de Man do Rei. A muller de Ned, Catelyn, recibe unha carta da súa irmá Lysa que implica a membros da familia real no asasinato do seu marido Jon Arryn, a anterior Man do Rei. Bran, un dos fillos de Ned e Catelyn, descobre á raíña Cersei e ó seu irmán xemelgo Jaime tendo relacións sexuais. Mentres tanto, ó outro lado do mar Angosto, o príncipe exiliado Viserys Targaryen forxa unha alianza para recuperar o Trono de Ferro: dará á súa irmá Daenerys en matrimonio ó salvaxe dothraki Khal Drogo en troques do seu exército. 

22 "The Kingsroad"
«O Camiño Real»
Tim Van PattenDavid Benioff e D. B. Weiss24 de abril de 20112.202[3]

Logo de aceptar o seu novo rol como Man do Rei, Ned parte cara King's Landing coas súas fillas Sansa e Arya. Jon Snow, o fillo bastardo de Ned, diríxese ó Muro para unirse á Night's Watch. Tyrion Lannister, o irmán máis novo da Raíña, decide non ir co resto da familia real ó sur e acompaña a Jon na súa viaxe ó Muro. Viserys segue agardando o seu momento de gañar o Trono de Ferro e Daenerys centra a súa atención en aprender como gustarlle ó seu novo esposo, Drogo. 

33 "Lord Snow"
«Lord Neve»
Brian KirkDavid Benioff e D. B. Weiss1 de maio de 20112.438[4]

Ned únese ó Consello Privado do Rei en King's Landing, a capital dos Sete Reinos, e descobre a mala administración que sofre Westeros. Catelyn decide ir de incógnito ó sur para alertar ó seu esposo dos Lannister. Arya inicia o seu adestramento coa espada. Bran esperta trala súa caída e non lembra nada. Jon adéstrase para adaptarse á súa nova vida no Muro. Daenerys comeza a asumir o seu rol como khaleesi de Drogo e enfróntase a Viserys. 

44 "Cripples, Bastards, and Broken Things"
«Tolleitos, bastardos e cousas rotas»
Brian KirkBryan Cogman8 de maio de 20112.451[5]

Ned busca pistas para tratar de explicar a morte de Jon Arryn. Robert celebra un torneo na honra de Ned. Jon toma medidas para protexer a Samwell Tarly, outro recruta da Garda da Noite, dos abusos do resto dos seus compañeiros. Viserys, frustrado, enfróntase á súa irmá. Sansa soña cunha vida como raíña de Joffrey. Catelyn, de camiño a Winterfell, acode ós aliados do seu pai para prender a Tyrion ó crer que é o culpable do intento de asasinato de Bran. 

55 "The Wolf and the Lion"
«O lobo e o león»
Brian KirkDavid Benioff e D. B. Weiss15 de maio de 20112.58[6]

Robert e Ned discuten sobre como deben manexar a alianza entre a familia Targaryen e os dothraki. Catelyn leva a Tyrion ata Eyrie, a casa da súa irmá Lysa. As novas da captura de Tyrion chegan a King's Landing e Jaime esíxelle respostas a Ned. 

66 "A Golden Crown"
«Unha coroa de ouro»
Daniel MinahanJane Espenson, David Benioff e D. B. Weiss22 de maio de 20112.444[7]

Viserys ameaza á súa irmá Daenerys diante de Drogo cando este se nega a pagar a débeda, polo que morre a mans do dothraki. Ned goberna dende o Trono de Ferro mentres o rei Robert sae de caza, e descobre o segredo que Jon Arryn averiguou antes de morrer. 

77 "You Win or You Die"
«Gañas ou morres»
Daniel MinahanDavid Benioff e D. B. Weiss29 de maio de 20112.396[8]

Ned enfróntase a Cersei pola morte de Jon Arryn. Un ferido Robert nomea a Ned rexente ata que o seu fillo Joffrey sexa maior de idade. Ned pide axuda a Littlefinger para asegurar a cooperación da Garda da Cidade en caso de que os Lannister non colaboren e revela que Joffrey non é fillo de Robert, senón de Jaime, o que converte a Stannis Baratheon, irmán máis vello de Robert, no verdadeiro herdeiro. Porén, Littlefinger traiciona a Ned e este é apresado e os seus homes son asasinados. Jon toma os votos da Night's Watch. Drogo convoca ó seu exército para invadir Westeros tras descubrir que Robert conspiraba para envelenar a Daenerys. 

88 "The Pointy End"
«Polo lado da punta»
Daniel MinahanGeorge R. R. Martin5 de xuño de 20112.715[9]

Robb convoca ós bandeirizos do seu pai para ir no seu rescate. Sansa suplica a Joffrey para salvar a vida de Ned. Jon e a Night's Watch prepáranse para enfrontarse a un antigo inimigo do outro lado do Muro. O exército de Drogo marcha cara aos Sete Reinos. 

99 "Baelor"
«Baelor»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss12 de xuño de 20112.664[10]

As familias Stark e Lannister prepáranse para combater entre eles. Tyrion leva ós seus aliados bárbaros á batalla, mentres que Robb e Catelyn negocian para obter a axuda de Lord Walder Frey. Con Drogo moribundo debido a unha ferida infectada, Daenerys utiliza a maxia dunha maegi para salvarlle a vida. O mestre Aemon revela a Jon o seu parentesco cos Targaryen e o prezo da lealdade, xa que este está preocupado polos eventos que non concirnen ó Muro. Nun último intento para salvarse a súa vida e a das súas fillas, Ned confesa falsamente a súa conspiración e declara a Joffrey como o lexítimo herdeiro ó Trono de Ferro. Joffrey mándao decapitar sen ter en conta a súa declaración. 

1010 "Fire and Blood"
«Lume e sangue»
Alan TaylorDavid Benioff e D. B. Weiss19 de xuño de 20113.041[11]

Trala execución de Ned, os norteños proclaman a Robb como o seu Rei. Con Jaime capturado polos Stark, Lord Tywin Lannister asigna ó seu fillo Tyrion como Man do Rei para manter a Joffrey e a Cersei baixo control. Jon abandona o seu posto no Muro para vingar ó seu pai, pero os seus amigos perségueno e convénceno para que quede. A Night's Watch parte a unha expedición máis aló do Muro. O fillo nonato de Daenerys morre e Drogo queda en estado vexetativo debido á maxia da maegi traidora. Incapaz de soportar a ruína do seu marido, Daenerys acaba coa súa vida e prepara unha pira funeraria na que queima á maegi viva xunto co corpo de Drogo e os seus tres ovos de dragón. Ademais, ela mesma entra na pira e cando esta se apaga Daenerys atópase sa e salva, acompañada por tres dragóns acabados de nacer. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Spanish Q&A – Xullo de 2008
  2. Seidman, Robert (19 de abril de 2011). "Sunday Cable Ratings: NBA, Storage Wars, Ax Men, Khloe & Lamar + The Killing, Breakout Kings, Sam Axe, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  3. Gorman, Bill (26 de abril de 2011). "Sunday Cable Ratings: NBA, Khloe & Lamar, The Killing, Breakout Kings, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 2 de maio de 2011. 
  4. Seidman, Robert (3 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: More Death of Bin Laden Ratings; Khloe & Lamar, Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2011. Consultado o 7 de maio de 2011. 
  5. Gorman, Bill (10 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Bulls/Hawks Tops + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 11 de maio de 2011. 
  6. Seidman, Robert (18 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Heat/Bulls Slam Dunks + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 20 de maio de 2011. 
  7. Gorman, Bill (24 de maio de 2011). "Sunday Cable Ratings: Heat/Bulls Scores Big + Law & Order: CI, In Plain Sight, Army Wives, Housewives, Game of Thrones & Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 25 de maio de 2011. 
  8. Gorman, Bill (1 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: My Big Fat Gypsy Wedding, Game of Thrones, The Killing & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2 de xuño de 2011. 
  9. Gorman, Bill (7 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: MTV Movie Awards Leads Night, Game of Thrones Series High, Real Housewives, ABDC & Lots More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2012. Consultado o 8 de xuño de 2011. 
  10. Gorman, Bill (14 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: Game of Thrones, Real Housewives, Kardashians, In Plain Sight, Army Wives & More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2011. 
  11. Seidman, Robert (21 de xuño de 2011). "Sunday Cable Ratings: Falling Skies, Game of Thrones, The Killing, In Plain Sight, Law & Order: CI, The Glades and Much More" (en inglés). TV by the numbers. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xuño de 2011.