Saltar ao contido

Gambusia affinis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gambusia affinis
 Nome taxon
    Gambusia affinis
 Nome curto
    G. affinis (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
OrdeCyprinodontiformes
FamiliaPoeciliidae
XéneroGambusia
EspecieGambusia affinis Editar o valor en Wikidata
Baird e Girard, 1854 Gambusia affinis Editar o valor en Wikidata
Localización
 Invasora en
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01h4bv Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2779297642 Editar o valor en Wikidata
ITIS165878 Editar o valor en Wikidata
OTT617445 Editar o valor en Wikidata
UICN166562 Editar o valor en Wikidata
CoL6K97T Editar o valor en Wikidata
 URL de xenoma secuenciado
Wikidata G:Commons C:Commons
Larvas de mosquito na superficie da auga.

Gambusia affinis é un pequeno peixe da familia dos pecílidos, orde dos ciprinodontiformes, orixinario do sur e leste de Norteamérica, notable por ser introducido en todo o mundo para o control biolóxico dos mosquitos. Está incluído na lista 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[1] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Gambusia affinis é unha especie nativa das concas que desaugan no golfo de México, pero foi introducida nalgunhas zonas de Europa. Trátase dun peixe pequeno, de aspecto non moi distintivo, robusto, de cola ampla e redondeada, coa súa boca situada no máis alto. Este último trazo está relacionado coa súa especialización en rastrexar a superficie da auga, mesmo nos recunchos entre as plantas flotantes, buscando e devorando larvas e pupas de mosquitos diversos, as cales habitan na interfase co aire das augas, sobre todo as estancadas ou lentas. A especie presenta un forte dimorfismo sexual, con femias máis grandes, de ata 7 cm, contra 4 dos machos.

Onde prospera, o ciclo vital prodúcese con rapidez. As femias, que viven dous ou tres anos, alcanzan a madurez sexual en seis ou oito semanas, e poden realizar tres ou catro postas nunha soa estación. Agás as primeiras, menos numerosas, cada posta consiste en 60 a 100 alevíns; porque se trata de animais ovovivíparos, o que dá lugar a unha elevada taxa de supervivencia dos xuvenís, e unha gran capacidade de expansión demográfica. Rexistrouse un aumento de 7.000 a 120.000 individuos en só cinco meses.

As Gambusia distínguense tamén pola súa resistencia a condicións ambientais adversas ou cambiantes. Sobreviven a salinidades moi elevadas, o dobre que a da auga de mar, temperaturas altas (até 42 °C se é por pouco tempo) e a correspondente baixa osixenación. Adáptanse entón a augas de curso irregular no tempo, sobrevivindo mesmo en pozas estacionais.

Aínda que a miúdo se cita como G. affinis, en Europa, África, Asia e Australia a especie introducida é basicamente Gambusia holbrooki.

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Acepta sen problemas penso seco toda a vida pero tamén é conveniente darlle algunha achega vexetal (espinacas, chícharos e acelgas cocidas), así como comida conxelada esporadicamente (unha vez por semana), en especial larva de mosquito. É un peixe que pode comer unhas 100 larvas de mosquito ao día.

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Peixe moi activo e vivaz, encántalle nadar pola parte media e superior da auga aínda que non dubida en baixar ao fondo para buscar alimento. É máis agresivo que os Guppis e se se mantén con eles pode mordisquear as vistosas aletas que estes posúen, en especial a dos exemplares en desenvolvemento que por ter tamaño parecido son considerados rivais, mais non os ataca de maneira activa, só esporadicamente. Pode ser agresivo con outras especies de aletas longas, ás que atacará. Se se mantén nun pequeno grupo adoitan ser menos agresivas.

Temperatura

[editar | editar a fonte]

Entre 15º e 30 °C. Aconséllase unha temperatura de 20 °C. Sábese que é quen de sobrevivir en auga por baixo de 10 °C. Este é outro motivo polo que son considerados unha especie invasiva, o amplo rango de temperaturas que soporta.

Peixe robusto e moi resistente, adáptase a todo tipo de composicións e calidade extrema da auga, aínda así recoméndase ter o NO3 o máis próximo a 0. Non tolera o cloro. O ideal é manter un pH entre 6.0 e 8.0 e un GH próximo a 20ºd. Tolera mesmo auga salobre.

En acuario

[editar | editar a fonte]

Son gregarios, así que o mellor é ter un acuario de polo menos 60 litros para manter de 20 a 25 peixes. Prefire os acuarios moi poboados de plantas para que naden entre elas, aínda que deben de ser artificiais ou moi duras (Microsorum, Anubias…), pois devoran case calquera tipo de planta. Sobrevivirá sen problemas nun acuario pequeno e mediano, é apropiado tamén para estanques sempre que a temperatura non baixe de 12 °C e teñamos peixes de maior talle que os poidan comer. Gústalles a vexetación densa, como o brión de Xava que será un bo lugar para que se escondan os alevíns.

  • Fundulus inurus (Jordan & Gilbert, 1882)
  • Gambusia affinis affinis (Baird & Girard, 1853)
  • Gambusia affinis katruelis (Baird & Girard, 1853)
  • Gambusia gracilis Girard, 1859
  • Gambusia humilis Günther, 1866
  • Gambusia patruelis (Baird & Girard, 1853)
  • Haplochilus melanops Cope, 1870 (
  • Heterandria affinis Baird & Girard, 1853
  • Heterandria patruelis Baird & Girard, 1853
  • Zygonectes brachypterus Cope, 1880
  • Zygonectes gracilis (Girard, 1859)
  • Zygonectes inurus Jordan & Gilbert, 1882
  • Zygonectes patruelis (Baird & Girard, 1853)[2]
  1. ↑ Lowe S., Browne M., Boudjelas S., De Poorter M. (2000). 100 de las Especies Exóticas Invasoras más dañinas del mundo. Una selección del Global Invasive Species Database Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.. Publicado polo Grupo Especialista de Especies Invasoras (GEEI), un grupo especialista da Comisión de Supervivencia de Especies (CSE) da Unión Mundial para a Natureza (UICN), 12pp. Primeira edición, en inglés, sacada xunto co número 12 da revista Aliens, decembro de 2000. Versión traducida e actualizada: novembro 2004.
  2. ↑ Sinónimos en Catalogue of life

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]