Gambusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Gambusia é un amplo xénero de peixes da familia Poeciliidae (orde Cyprinodontiformes). Gambusia contén algo máis de 40 especies, a maioría das cales se encontran principalmente en hábitats de auga doce, aínda que algunhas especies poden encontrarse tamén en hábitats de augas salobres ou salgadas. A especie tipo é G. punctata, de Cuba. A maior riqueza de especies atópase en México, Texas e as Grandes Antillas, pero hai especies en multitude de sitios de América, como o leste e sur dos Estados Unidos, Bahamas, Centroamérica e Colombia. En moitos países denomínanse de forma xeral peixes mosquito, aínda que máis especificamente este nome se refire a dúas especies: G. affinis e G. holbrooki, que poden ser introducidas en lagoas para comer as larvas de mosquito.[1][2] De feito, foron amplamente introducidos fóra da súa área nativa, e ás veces convertéronse en especies invasoras, que ameazan as especies locais.[3] Son moi importantes no comercio de acuarios, valorados polo seu pequeno tamaño, facilidade para reproducirse e o graciosos que son. Son vivíparos.

Incluíronse nove especies deste xénero na lista de especies vulnerables da Lista Vermella da IUCN; unha, G. eurystoma, está en perigo crítico e dúas, G. amistadensis e G. georgei, xa están extintas.

Especies[editar | editar a fonte]

Neste xénero recoñecense actualmente as seguintes 45 especies::[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Gambusia: A Little Fish That Helps Solve Big Mosquito Problems". Alabama Vector Management Society. 24 December 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2008. Consultado o 10 June 2011. 
  2. Allen, Greg (10 June 2011). "Tropical Disease Buzzes Back Into U.S.". Morning Edition. NPR. Consultado o 10 June 2011. 
  3. Washington Department of Fish and Wildlife (2013). Gambusia affinis (Mosquito fish) Arquivado 07 de abril de 2018 en Wayback Machine.. Retrieved 27 February 2013
  4. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012). Species of Gambusia en FishBase. versión de agosto de 2012.
  5. 5,0 5,1 Langerhans, R. B., Gifford, M. E., Domínguez-Domínguez, O., García-Bedoya, D. & DeWitt, T.J. (2012): Gambusia quadruncus (Cyprinodontiformes: Poeciliidae): a new species of mosquitofish from east-central México. Journal of Fish Biology, DOI: 10.1111/j.1095-8649.2012.03397.x