Galina Gorokhova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galina Gorokhova
Galina Gorohova.jpg
Nacemento31 de agosto de 1938
Lugar de nacementoMoscova
NacionalidadeUnión Soviética e Rusia
Ocupaciónesgrimista e adestradora
PremiosOrder "For Merit to the Fatherland" IV class, Bandeira Vermella do Traballo, Medal "For Distinguished Labour", Medal "For Labour Valour", Medal "Veteran of Labour", Medalla conmemorativa do 850 aniversario de Moscova, Merited Coach of the USSR, traballador emérito de cultura física da Federación de Rusia, Honoured Coach of Russia e Mestre Honorário de Desportos da União Soviética
editar datos en Wikidata ]

Galina Gorokhova (en ruso: Галина Горохова), nada en Moscova o 31 de agosto de 1938, é unha tiradora de esgrima rusa, xa retirada, gañadora de cinco medallas olímpicas coa Unión Soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou, aos 21 anos, nos Xogos Olímpicos de 1960 celebrados en Roma, gañando a medalla de ouro en florete por equipos, quedando cuarta na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1964 de Toquio gañou a medalla de prata na proba por equipos, rematando outra vez cuarta na proba individual. Nos Xogos Olímpicos de 1968 de México finalizou sexta na proba individual pero volveu gañar o ouro por equipos, metal que revalidou nos Xogos Olímpicos de 1972 de Múnic, gañando ademais unha medalla de bronce na competición individual. Retirouse da competición en 1973 tras romper un brazo nun accidente de coche, comezando a súa preparación como adestradora. Desde 1975 traballou como adestradora do equipo nacional da URSS ata decembro de 1992. Foi unha das fundadoras da Unión de Atletas Soviéticos en 1991 e tras a desaparición da URSS é presidenta da Unión de Atletas Rusos e forma parte do Comité Executivo da Federación de Esgrima Rusa.

Ao longo da súa carreira gañou 15 medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, entre elas oito de ouro. Doutorada en historia, a súa tese Культурные связи СССР со странами Западной Европы на современном этапе 1965—1970 годов trata sobre as relacións culturais entre a URSS e a Europa Occidental. Tamén como atleta foi amplamente recoñecida na URSS e despois en Rusia, entre outros títulos conta co de Mestra honorario do deporte (1960), Orde da Bandeira Vermella do Traballo (1965), Adestradora honoraria da URSS (1982), Traballadora Honoraria da Cultura Física (1997), Adestradora honoraria de Rusia (1998), Orde ao Mérito pola Patria, IV Clase (2005)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]