Saltar ao contido

Galina Balashova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGalina Balashova
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1931 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Kolomna, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Architectural Institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNave espacial, deseño, industrial design right (en) Traducir, arquitectura, interior (pt) Traducir, estación espacial, space project (en) Traducir e deseño industrial Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónarquitecta, Arquitetura espacial (pt) Traducir, pintora, deseñadora, artista visual Editar o valor en Wikidata


Galina Andreevna Balashova (ruso: Галина Андреевна Балашова), nada en Kolomna en 1931, é unha arquitecta e deseñadora rusa, que estivo asociada co programa espacial soviético.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Balashova naceu en Kolomna e estudou no Instituto de Arquitectura de Moscova. Balashova empezou a súa carreira profesional en 1955 no instituto de deseño GiproAviaProm en Samara. O seu traballo nese tempo implicou eliminar elementos decorativos, considerados "decadentes", de edificios residenciais. En 1957 pasou a ser arquitecta sénior en OKB-1, responsable do deseño no inicio do programa espacial soviético. Empezou deseñando residencias para empregados pero máis tarde contribuíu ao deseño do interior da nave espacial Soiuz e as estacións espaciais Saliut e Mir.[3][4] Tamén traballou como asesora para o programa Buran. Retirouse en 1991.[5]

O seu traballo co programa espacial incluíu o deseño de espazos de interior, mobiliario, paneis de control ou logotipos decorativos.[6] Deseñou para unha contorna de gravidade cero, utilizando contrastes de cores para o chan e o teito para evitar que os cosmonautas se desorientaran. Gran parte do seu traballo foi pouco coñecido, e foi declarado como alto segredo.[7]

O seu deseño dos pines de solapa usados na exposición aeronáutica de Francia en 1973 converteuse máis tarde no emblema oficial para o proxecto de probas Apollo-Soiuz. Con todo, o goberno ruso patentou o deseño e non deu crédito como autora a Balashova.[7]

  1. S.L, EDICIONES PLAZA. "La primera arquitecta espacial". Cultur Plaza (en castelán). Consultado o 2021-04-10. 
  2. Gómez, Heidy González (2017-01-25). "GALINA BALASHOVA 1931". UN DIA UNA ARQUITECTA 2 (en castelán). Consultado o 2021-04-10. 
  3. Dorr, Eugene. "Space Mission Patches - The Artists". Consultado o 27 de octubre de 2017. 
  4. Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna" (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. Consultado o 2021-03-30. 
  5. ""Galina Balashova: Architect of the Soviet Space Programme" at DAM Frankfurt - BMIAA". BMIAA (en inglés). 5 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  6. Ray, Debika. "Galina Balashova - Icon Magazine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  7. 7,0 7,1 "The Soviet Architect Who Drafted the Space Race". Motherboard (en inglés). 18 de agosto de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]