Galicia Textil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°31′1″N 8°9′3″O / 43.51694, -8.15083

Galicia Textil

Acceso a Galicia Textil.
TipoSociedade Anónima
Fundación1791 e 1798
1873 como fábrica de moeda e cobrería
Fábrica téxtil dende o 10 de marzo de 1878
MatrizTextil Santanderina SA
LocalizaciónAvda. Xuvia, 1 15510 Neda, (A Coruña) Galicia Galiza
FundadorFrancisco de Barcón y Quevedo
IndustriaTéxtil
ProdutosTecidos
editar datos en Wikidata ]

Galicia Textil SA é unha empresa galega con sede en Xuvia, Neda (A Coruña) actualmente propiedade da empresa Textil Santanderina SA.

Historia[editar | editar a fonte]

Instalacións á beira do río Xuvia, á dereita; á esquerda o muíño.
Artigo principal: Real Casa da Moeda de Xuvia.

Despois do peche das instalacións como fábrica de moeda, o 9 de novembro de 1876 Francisco de Barcón y Quevedo compra ao Estado a Real Fábrica de Moeda e Cobrería de Xuvia xunto con todo o predio. Creando alí unha fábrica de fiados e tecidos, baixo o nome de Barcón & Cía. a empresa foi inaugurada o 10 de marzo de 1878. O 19 de febreiro de 1928 Barcón vende a fábrica a Dionisio Tejero Pérez coa que funda a firma Galicia Industrial. O 1 de xaneiro de 1956, Galicia Industrial troca de nome ao ser absorbida pola firma Dionisio Tejero, S.A. O 1 de marzo de 1982 un grupo téxtil formado por: Textil Santanderina S.A., Vic Industrial S.A. e Gerona Textil S.A. compran a fábrica creando a actual Galicia Textil S.A.

A empresa explota unha central eléctrica no río Xuvia de 200 kW.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Esperanza Casado Aguado. La venta en subasta de las Casas de Moneda de Madrid, Sevilla, Segovia y Jubia (1866-1883) Marzo, 2001