Galicia (revista da Federación de Sociedades Gallegas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Galicia foi un periódico editado en Buenos Aires pola Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales entre 1930 e 1960.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Publicación semanal editada por la Federación de Sociedades Gallegas. Portavoz de la Federación de Sociedades Gallegas, apareceu en 1930, para substituír a El Despertar Gallego. Levaba como lema Falareilles da patria aos desterrados, de libertade e redención aos servos. Curros Enríquez. De periodicidade irregular, saía semanal ou quincenalmente. Tivo como directores a Domingo Cubeiro, Eduardo Blanco Amor, Arturo Cuadrado e Avelino Díaz. Tivo especial atención á situación española, con informacións e comentarios faborables á República. Despois da guerra civil, mantivo a oposición á política franquista. Recolle información das actividades da Federación e das sociedades que a integran, noticias de Galicia e da situación dos emigrantes. Inclúe artigos literarios e culturais, xeralmente na última páxina.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]