Galiasgar Kamal
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de xaneiro de 1879 Kazán, Rusia |
| Morte | 16 de xuño de 1933 Kazán, Rusia |
| Lugar de sepultura | Bratskoe cemetery (Kazan) (en) |
| Residencia | Galiasgar Kamal house (en) |
| Educación | Möxämmädiä (en) Xalidiä (en) Ğosmaniä (en) Qasıymiä Madrasah (en) |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | İske Masra (pt) |
| Ocupación | dramaturgo, xornalista, prosista, escritor, tradutor |
| Xénero artístico | Prosa |
| Familia | |
| Fillos | Änäs Kamal |
| Pai | Ğäliäkbär Kamaletdinef |
| Irmáns | Zäynäp Kamalova |
| Premios | |
| |
Galiasgar Galiakbar ulı Kamaletdinov (tártaro: Галиәсгар Галиәкбәр улы Камалетдинов) ou simplemente Galiasgar Kamal (tártaro: Галиәсгар Камал), nado en Kazán o 6 de xaneiro de 1879 e finado na mesma cidade o 8 de xuño de 1933, foi un xornalista, escritor e dramaturgo tártaro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia de curtidores[1]. Estudou nas madrasas Gosmania e Moxammadia entre 1889 e 1897. Asemade aprendeu a lingua rusa durante tres anos nunha escola municipal.
A primeira peza de Kamal foi Bәhetsez eget de 1898 que se publicou en 1900. En 1901 publicou o periódico Тәраккый e foi un dos organizadores da editorial Мәгариф. Participou activamente no grupo de teatro Säyyär, organizado en 1906, como un actor e un dramaturgo.[2] A Revolución Rusa de 1905 marcouno fondamente, e inspirado nos seus eventos escribiu Berenche Teatr (1908) e Bаnкrот (1911). Esa época foi a de máxima creatividade e a máis recoñecida do autor [3]. E dende os xornais Азат e Азат Xалык publicou artigos promovendo as ideas marxistas, editou tamén a revista satírica Яшен (1908-09), e traballou no xornal Йолдыз (1907-17). Despois da revolución de outubro escribiu poemas satíricos e colaborou nos xornais Эш e Кызыл байрак.
Como tradutor verteu ao tártaro Ревизор de Nikolai Gogol, Гроза de Alexandr Ostrovsky e На дне de Maxim Gorki.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ Светлана Колосова (2017) Энциклопедический словарь псевдонимов . Litres
- ↑ ""Galiaskar Kamal (1879-1933)" The City of Kazan". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2012. Consultado o 13 de agosto de 2017.
- ↑ Ф.Ганиева, Р. Яруллина, А. Саттарова; кереш сүз авт. Ф. Ганиева (2007) Татар драматурглары : биобиблиогр. белешмәлек Казан : Татар. кит