Gales no Festival de Eurovisión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gales

EuroWales.svg

Estación membro BBC Wales ou S4C
Final nacional
Aparicións 0
Primeira aparición
Mellor resultado
Final
Semifinal
Peor resultado
Final
Semifinal
Ligazóns externas
[ Páxina de Gales en Eurovision.tv]

Gales nunca participou no Festival de Eurovisión como país propio.

En 1969, a BBC Wales amosou o seu desexo de participar no festival, mais esta proposta foi rexeitada. Tras a nova do rexeitamento, a canle decidiu montar un festival propio, o Cân i Gymru (en galego: A canción de Gales). O gañador do festival representa a Gales no Pan Celtic Festival, un festival de música en linguas celtas.

Dende 1957 o país participou xunto ao Reino Unido, xa que a BBC ten os dereitos exclusivos para representar a todo o Reino Unido.

En 2009, a deputada do Parlamento Europeo por Plaid Cymru Jill Evans estivo interesada en presentar formalmente a candidatura de Gales no Festival de Eurovisión, tendo moito apoio popular, mais as regras de Eurovisión non permiten a ningunha rexión do Reino Unido participar por separado na actualidade xa que a BBC ten os dereitos do Reino Unido.