Galegos, Frades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Galegos
Frades, Galegos 01-04.JPG
Concello Frades
Poboación 223 hab. (2013)
Entidades de poboación 7

San Martiño de Galegos é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Frades. Segundo o IGE en 2013 tiña 223 habitantes (115 mulleres e 108 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

O pazo de Galegos conserva a antiga capela e unha moderna torre. Accédese por un portalón brasonado e conserva os escudos cos emblemas das familias Montenegro, Andrade e Bermúdez. Atópase ocupado por unha comunidade relixiosa que o recibiu en doazón.

O cruceiro de San Martiño de Galegos posúe unha cruz octogonal de remates florenzados, capitel cuadrangular, fuste octogonal que comeza e remata cadrado, con base cúbica de cachotaría; a plataforma é cuadrangular.

A igrexa parroquial é de planta rectangular, coa fachada pintada coas cores azul e branco. Posúe un dobre campanario coroado por unha cruz.

Festas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Galegos[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Galegos no concello de Frades (A Coruña)

O Barreiro | O Castro | O Outeiro | O Paraxón | O Pazo | A Ponte | Reboredo

Parroquias de Frades[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Frades

Abellá (Santo Estevo) | Aiazo (San Pedro) | Añá (Santa María) | Céltigos (San Xulián) | Frades (San Martiño) | Gafoi (Santa Mariña) | Galegos (San Martiño) | Ledoira (San Martiño) | Mesos (San Salvador) | Moar (Santaia) | Papucín (Santa María) | Vitre (San Xoán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]