Pobo galego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Galega")
Pobo galego
Statue of Rechiar, Suebic King of Galicia (sculpted 1750–1753), Royal Palace of Madrid, Spain - 20080109-ret.jpg
Estatua no frontal do Mosteiro de San Salvador de Celanova - Galiza.jpg
TumboA kralik.jpg
Ines de Castro.jpg
Retrato a cor do explorador galego, Francisco Antonio Mourelle.jpg
Ourense, Feijoo.JPG
Nicomedes Pastor Díaz (Museo del Prado).jpg
A Coruña. María Pita’s statue. Galicia (Spain).jpg
Curros - henriquez.jpg
Ramon de la sagra.jpg
Carballo Calero, dunha foto con Cunqueiro e Fernández del Riego en Santiago de Compostela.jpg
Rosalía Castro de Murguía por Luis Sellier.jpg
Pablo Iglesias, de Compañy.jpg
Castelao, Montevideo, 1940.jpg
Beiras 2012.jpg
Elena Salgado en rueda de prensa.jpg
Mario Casas.jpg
Iago Aspas LFC 2013.jpg
Feijoo Dia de Euskadi Xacobeo 2010.jpg
Cristina Pato e The Galician Connection.jpg
Poboación
Poboación total:
3,2 millóns[1]
Rexións principais:
Provincia da Coruña 991 588[2][3]
Provincia de Lugo 300 419[2][3]
Provincia de Ourense 272 401[2][3]
Provincia de Pontevedra 833 205[2][3]
Total en Galicia 2 397 613[2][3]
Diáspora galega Ver
España España 355 063[2][3]
Flag of Argentina.svg Arxentina 147 062[4]
Flag of Brazil.svg Brasil 38 554[4]
Flag of Venezuela.svg Venezuela 38 440[4]
Flag of Uruguay.svg Uruguai 35 369[4]
Flag of Cuba.svg Cuba 31 077[4]
Suíza Suíza 30 737[4]
Flag of France.svg Francia 16 075[4]
Estados Unidos de América Estados Unidos 14 172[4]
Alemaña Alemaña 13 305[4]
Reino Unido Reino Unido 10 755[4]
Flag of Mexico.svg México 9 895[4]
Galegos inscritos no censo electoral que viven no estranxeiro (2013/09) 414 650[4]
Aspectos culturais
Lingua Galego e castelán
Relixión Catolicismo[5]
Grupos
relacionados
Asturianos, españois e portugueses

O pobo galego é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico que vive en Galicia, no noroeste da Península Ibérica.[6] Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea,[7] menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas[8] por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.[9]

Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, idioma romance derivado do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade)[10] e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia.[11] O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX.[12] Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro,[13] o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín[14] e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez,[15] alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 748 695 habitantes (2014), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que actualmente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega,[16] moitas delas reunidas nos Centros Galegos.[17] O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Etimoloxía do etnónimo[editar | editar a fonte]

O etnónimo galegos deriva do latín Gallaeci ou Callaeci, que é unha adaptación do nome local dunha tribo celta coñecida polos gregos como Καλλαικoί (Kallaikoí), que viviu no norte da actual Portugal e que foi conquistada polo xeneral romano Décimo Xunio Bruto Galaico no século II a.C..[18] Os romanos aplicarían este nome para todas tribos que compartían a mesma cultura, a cultura castrexa, e a lingua galaica, dende o río Douro polo sur até o mar Cantábrico polo norte, e ó oeste do río Navia.

A etimoloxía do nome foi estudado dende o século VII por autores como Isidoro de Sevilla, que escribiu que os "galegos son chamados así, por mor da súa pel clara, coma os galos", relacionando o nome coa verba grega para o leite. Porén, hoxe en día os estudosos[18] derivan o nome Callaeci do protoindoeuropeo *kal-n-eH2 'outeiro', que xunto co sufixo local -aik- significaría 'os montañeses'; ou do protocelta *kallī- 'bosque', significando 'xente do bosque'.[19]

Orixe[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Galicia.

Xenética[editar | editar a fonte]

A frecuencia do haplogrupo R1b do cromosoma Y (o haplogrupo máis común en Europa) é superior nas poboacións da Europa atlántica e a súa incidencia é destacable en Galicia, así como en Asturias, León, Cantabria e País Vasco,[20] e en moitas das rexións celtas, como Cumbria e Cornualles en Inglaterra, a rexión norte de Portugal (Douro Litoral, Minho e Trás-os-Montes e Alto Douro), o oeste de Francia e na Bretaña, e os países celtas de Irlanda, Gales e Escocia. A incidencia do R1b mingua gradualmente a maior distancia destas áreas pero segue a ser común nas áreas centrais de Europa. Isto levou a investigadores como Stephen Oppenheimer e Bryan Sykes a considerar que a maioría da poboación irlandesa descende pricipalmente dun "refuxio ibérico" anterior á última glaciación.[21][22]

Demografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Demografía de Galicia.

Diáspora[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Diáspora galega.

Relixión[editar | editar a fonte]

Réplica do Crismón de Quiroga do século V, considerado unha das representacións máis antigas do cristianismo en Galicia.

Os galegos son un pobo de crenzas cristiás. Segundo o Barómetro Autonómico publicado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas no 2012, a maioría dos galegos son católicos, representando o 82,2% do total da poboación residente en Galicia.[23] Agnósticos (non crentes) e ateos representan o 9,1% e o 7,5% respectivamente.

Cultura[editar | editar a fonte]

Lingua galega[editar | editar a fonte]

Mapa cronolóxico que amosa a evolución territorial das linguas do suroeste de Europa entre as que aparece o galego.
Artigo principal: Lingua galega.

O galego é unha lingua románica, propia de Galicia, que é unha evolución do latín vulgar falado na provincia de Gallaecia e que culminou dentro do Reino de Galicia, a finais da Alta Idade Media, nun romance diferenciado. O galego moderno descende do galego-portugués, lingua medieval que evolucionou e deu lugar ós actuais galego e portugués.

O galego converteuse en lingua escrita culta tanto nos reinos de Galicia e Portugal coma nos de León e Castela. O documento máis antigo escrito en galego que se conservou no territorio da Galicia actual é o Foro do bo burgo de Castro Caldelas, outorgado por Afonso IX en abril de 1228 ó concello de Allariz (Ourense). No século XIII escribirá en galego o rei Afonso X o Sabio as Cantigas de Santa María. A lingua galega medieval foi especialmente relevante no ámbito da lírica, considerada entre as referenciais[24] da época para todo Europa. Entre os séculos XIV e XVI, debido a circunstancias de carácter histórico e político, acentúanse as diverxencias entre as dúas variedades que, seguindo cadanseu destino, acaban fixándose como linguas independentes[25], aínda que ligadas por estreitos lazos de parentesco. Presenta unha pequena porcentaxe de pervivencias léxicas dos substratos precelta, celta e paleohispánico, así coma dos superestratos xermánico, britónico e árabe.

No presente, o galego fálano case tres millóns de persoas; é a lingua minorizada con maior comprensión e uso porcentual dentro de España. É idioma oficial na Nacionalidade Histórica de Galicia[26] e tamén se fala na Terra Eo-Navia (Asturias), no Baixo Bierzo (León), nas Portelas (Zamora) e na Serra de Xálima (Cáceres). Así mesmo é unha das linguas da importante comunidade galega no exterior, espallada por todo o mundo.

Transmisión oral[editar | editar a fonte]

Mitoloxía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Mitoloxía galega.

Música[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Música tradicional galega.
Artigo principal: Regueifa (canto).

Vestimenta[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Traxe galego.
Artigo principal: Coroza.
Artigo principal: Zoca.

Deportes e xogos[editar | editar a fonte]

Demostración de Loita Tradicional Galega en Santalla (2008).
Artigo principal: Loita Tradicional Galega.

A Loita Tradicional Galega é a forma de loita autóctona de Galicia.[27] A loita galega desenvolvíase tradicionalmente coma un xeito de actividade lúdica asociada ós traballos do agro ou mariñeiros. A Loita Tradicional Galega mantívose viva até mediados do século XX. Posteriormente foi esmorecendo, e só nalgunhas zonas concretas se practicou de forma frecuente en tempos máis recentes. En xeral pelexábase dentro dun círculo de tamaño variable (círculo vivo) de arredor dos catro metros de diámetro. No interior facíase habitualmente sobre unha base de monllos de palla cos couces para fóra mentres que nas zonas mariñeiras esta tiña lugar na area marcando o círculo con paus ou cunchas. Os loitadores levan un pantalón resistente que se remanga ata os xeonllos e unha faixa arredor da cintura. Non se pode agarrar da roupa, agás ó pantalón e á faixa. Os obxectivos da pelexa son tirar ó contrario de costas, inmobilizalo no chan ou tiralo fóra do círculo vivo.

Artigo principal: Billarda.
Xogando á billarda.

A billarda foi un dos xogos máis coñecidos e populares do pobo galego. Malia que existe unha gran variedade de nomes e regras dependendo das zonas, a característica común do xogo consiste en darlle cun pau (panca, palán, palín, palén ou varal) a outro máis pequeno (billarda, o que dá nome ao xogo, ou estornela), para elevalo e despois envialo o máis lonxe posible.

A orixe remóntase á Idade Media, estando documentada no Libro de Apolonio (obra en castelán do mester de clerecía) e nas Cantigas de Santa María de Afonso X, ambas as dúas obras do século XIII. No século XX foi analizada por diversos antropólogos, etnólogos e intelectuais, desde membros da xeración Nós como Vicente Risco ou discípulos seus como Xesús Taboada Chivite, até personalidades como Fermín Bouza Brey (Xogos iniciáticos infantiles da Galiza, 1963), Arturo Romaní (Xogos infantiles de Galicia, 1983), María Barrio e Enrique Harguindey (Lerias e enredos para os máis pequenos, 1983), Camilo Brandín Feijoo (Os xogos dos nosos rapaces, 1986), Xoaquín Lorenzo «Xocas» (Enredos, 1992) ou Ana Estévez Lavandeira (Os xogos, 2000).

Festas[editar | editar a fonte]

Entroido[editar | editar a fonte]

Artigos principais: Entroido e Entroido de Xinzo de Limia.
Cigarrón no entroido de Verín.

Rapa das bestas[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Rapa das bestas.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Gastronomía de Galicia.

Carro galego[editar | editar a fonte]

Carro (A Arnoia).
Artigo principal: Carro galego.

Galegofobia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galegofobia.

A galegofobia fai referencia á aversión non xustificada cara a Galicia, cara á cultura e lingua galegas e cara ao individuo galego e a súa identidade. Malia que o termo non aparece recollido en ningún dicionario de corte académico, trátase da denominación xenérica e popular para se referir a este fenómeno tanto na prensa coma no eido social. Así, a primeira constancia que se ten do seu uso é nun artigo de prensa asinado por Villar Ponte e datado en 1916.[28] As primeiras manifestacións de galegofobia correron a cargo de múltiples e sobranceiros literatos en lingua castelá (Miguel de Cervantes, no seu Quixote,[29] como exemplo destacado), mais tamén é posible rastrexala na historiografía nacionalista española (cuxa figura paradigmática é Menéndez Pidal) ou mesmo no ámbito político ou televisivo[30] contemporáneo.[31]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Suma dos habitantes de España nados en Galicia (c. 2,8 m), máis os españois que viven no estranxeiro inscritos no censo electoral (CERA) nunha das catro circunscricións galegas.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Non incluídos os galegos nados fóra de Galicia
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 INE
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 INE: CERA (2013)
  5. Blanco, P. (19 de decembro de 2010). "El catolicismo convive en Galicia con 40.000 creyentes de otras religiones". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  6. Recalde, Montserrat (1997). La vitalidad etnolingüística gallega. València: Centro de Estudios sobre Comunicación Interlingüistíca e Intercultural. ISBN 9788437028958. 
  7. Romar, Raúl (16 de decembro de 2008). "Los gallegos tienen genes más afines a los húngaros que a los andaluces". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  8. "La invasión sueva y el Camino de Santiago, la gran influencia". La Voz de Galicia. 16 de decembro de 2008. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  9. Gippini, David (26 de novembro de 2004). "Algunos estudios sugieren la existencia de rasgos genéticos específicos de los gallegos". La Voz de Galicia. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  10. Ethnologue.
  11. McGuckin 2004, p. 284.
  12. Spain - Player of the Century, rsssf.com, consultado el 4 de marzo de 2010
  13. Lombao, David (26 de novembro de 2016). "Morre Fidel Castro, o 'galego' que marcou a historia de Cuba". Praza Pública. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  14. Ribadumia rinde homenaje a Alfonsín La Voz de Galicia 1 de abril de 2009
  15. Lombao, David (29 de novembro de 2016). "O presidente do Uruguai busca empresas investidoras en Galicia, "o meu pobo"". Praza Pública. Consultado o 30 de novembro de 2016. 
  16. Artigo sobre as Eleccións galegas 2001
  17. El 'lobby' ultramarino de los emigrantes gallegos
  18. 18,0 18,1 Moralejo, Juan J. (2008). Fundación Pedro Barrié de la Maza, ed. Callaica nomina : estudios de onomástica gallega (PDF). A Coruña. pp. 113–148. ISBN 978-84-95892-68-3. 
  19. Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. CUADERNOS DE ESTUDIOS GALLEGOS LV (121): 111.
  20. Bosch, E; Calafell, F; Comas, D; Oefner, PJ; Underhill, PA; Bertranpetit, J (2001). "High-Resolution Analysis of Human Y-Chromosome Variation Shows a Sharp Discontinuity and Limited Gene Flow between Northwestern Africa and the Iberian Peninsula". American Journal of Human Genetics 68 (4): 1019–29. doi:10.1086/319521. PMC 1275654. PMID 11254456. 
  21. Stephen Oppenheimer, The Origins of the British – A Genetic Detective Story, 2006, Constable and Robinson, ISBN 1-84529-158-1
  22. Sykes, Bryan (2006). Bantam, ed. Blood of the Isles: Exploring the Genetic Roots of Our Tribal History. ISBN 0-593-05652-3. 
  23. BARÓMETRO AUTONÓMICO (III). GALICIA Centro de Investigaciones Sociológicas, 13/09/2012 (en castelán).
  24. Freixeiro Mato: "O catalán Jofre de Foixá, autor dunhas Regles de Trobar escritas en occitano arredor de 1290, cita as linguas que el considera naquela altura habilitadas para a lírica: o francés, o provenzal, o siciliano e o galego; galego, pois, e non galego-portugués nin portugués, é a denominación que se lle daba á lingua dos cancioneiros, polo menos nos ambientes eruditos e trobadorescos." Publicado en Vieiros, http://www.vieiros.com/galego.org/linguadascantigas/relatorios/
  25. de Azevedo Maia, Clarinda (1986). História do Galego-Português (Con referência à situação do galego moderno). Instituto Nacional de Investigação Científica - Coimbra. ISBN 9789723107463. 
  26. Estatuto de Autonomía de Galicia. ARTIGO 5 Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os coñecer e de os usar.
  27. A Loita Tradicional Galega
  28. FREITAS JUVINO, María Pilar. A represión lingüística en Galiza no século XX'. Aproximación cualitativa á situación sociolingüística de Galiza. Vigo, Xerais, 2008.
  29. MURADO LÓPEZ, Miguel Anxo. Otra idea de Galicia, Ed. Debate, 2008: ... En cuanto al Quijote genuino, los gallegos tampoco salen mucho mejor parados [...]. Los llamados yangüeses en la edición definitiva del texto, los malvados pastores que mantean a Sancho y le roban, eran originariamente gallegos. [...] Pero detengámonos un momento: ¿no estaremos cayendo en ese pecado mortal de los historiadores periféricos, el victimismo? Desgraciadamente, la respuesta es que no. El caso de Galicia es especial. Alcanza tal grado de agresividad y violencia que apenas puede compararse con el trato dado a los gascones en Francia y a los irlandeses en Inglaterra, y aun en esto hay una diferencia considerable.
  30. La coruñesa de ´Gran Hermano´ y su lengua, nova en La opinión o 15 de febreiro de 2011. (en castelán)
  31. ... así pois, a galegofobia que se desatou en Castela e tamén en Portugal após o período medieval por a Galiza ficar politicamente anulada e economicamente empobrecida, coas súas manifestacións nos textos literarios dos grandes autores, constitúe unha das bases principais para o desenvolvemento do fenómeno do autoodio, en A lingua tiveran por lingua d’escravos. O autoodio como concepto sociolingüístico (p.128), artigo aparecido en Estudos de lingüística galega 6 (2014), de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Mapa de Galiza con bandeira.svg
A Galipedia ten un portal sobre:

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.