Galaxia anana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Gran Nube de Magalláns, unha galaxia satélite da Vía Láctea. Foto tomada polo Telescopio espacial Hubble.

Unha galaxia anana é unha pequena galaxia composta por desde uns 100 millóns ata varios miles de millóns de estrelas, o que é unha cifra pequena comparada cos 200 a 400 mil millóns de estrelas que ten unha galaxia grande como a Vía Láctea. A Gran Nube de Magalláns, que orbita moi próxima á Vía Láctea e contén uns 30 mil millóns de estrelas, é ás veces clasificada como galaxia anana, aínda que outros a consideran unha galaxia normal de pleno dereito. A formación de galaxias ananas e a súa actividade crese que están moi influenciadas polas interaccións con galaxias grandes. Os astónomos identificaron numerosos tipos de galaxias ananas, baseándose na súa forma e composición.

Formación[editar | editar a fonte]

Galaxias ananas como NGC 5264 posúen tipicamente arredor de mil millóns de estrelas.[1]

Unha teoría vixente afirma que a maioría das galaxias, incluíndo as galaxias ananas, fórmanse en asociación coa materia escura, ou a partir de gas que contén metais. Porén, a sonda espacial da NASA Galaxy Evolution Explorer (Explorador da Evolución das Galaxias) identificou novas galaxias ananas que se formaban a partir de gases con baixa metalicidade. Estas galaxias estaban localizadas no Anel de Leo, unha nube de hidróxeno e helio arredor de dúas galaxias masivas na constelación de Leo.[2]

Debido ao seu pequeno tamaño, observouse que galaxias ananas eran atraídas cara a galaxias espirais veciñas e desgarradas, o que ten como resultado unha fusión de galaxias.[3]

Galaxias ananas locais[editar | editar a fonte]

A galaxia Anana de Phoenix é unha galaxia anana irregular, que ten esrelas máis xoves nas súas rexións centrais e máis vellas na periferia.[4]

Hai moitas galxias ananas no Grupo Local onde se encontra a Vía Láctea; estas pequenas galaxias orbitan frecuentemente arredor de galaxias máis grandes, como a Vía Láctea, Andrómeda e Triangulum. Un traballo de 2007[5] suxeriu que moitas galaxias ananas foron creadas por mareas galácticas durante a evolución inicial da Vía Láctea e Andrómeda. As galaxias ananas mareais prodúcense cando as galaxias colisionan e as súas masas interaccionan gravitatoriamente. Correntes de material galáctico sepáranse das galaxias parentais e dos halos de materia escura que as rodean.[6]

Arredor da Vía Lácea orbitan máis de 20 galaxias ananas coñecidas, e observacións recentes[7] fixeron pensar aos astrónomos que o cúmulo globular máis grande da Vía Láctea, Omega Centauri, é, de feito, o núcleo dunha galaxia anna cun burato negro no seu centro, o cal foi hai algún tempo absorbido pola Vía Láctea.

Tipos comúns[editar | editar a fonte]

UGC 11411 é unha galaxia anana compacta azul irregular.[8]

Galaxias ananas compactas azuis[editar | editar a fonte]

Anana compacta azul PGC 51017.[10]

En astronomía, unha galaxia anana compacta azul ou galaxia BCD (do inglés Blue Compact Dwarf) é unha pequena galaxia que contén grandes cúmulos de estrelas masivas, quentes e novas. Como as máis brillantes destas estrelas son azuis, isto causa que a propia galaxia apareza predominantemente de cor azul.[11] A maioría das galaxias ananas compactas azuis son tamén clasificadas como ananas irregulares ou como ananas lenticulares. Como están compostas por cúmulos de estrelas, as galaxias BCD carecen de forma uniforme. Consomen gas moi intensamente, o que fai que as súas estrelas sexan moi violentas cando se forman.

As galaxias BCD arrefrían no proceso de formación de novas estrelas. As estrelas das galaxias fórmanse en diferentes períodos de tempo, polo que as galaxias teñen tempo de arrefriar e de acumular materia para formar novas estrelas. A medida que pasa o tempo, esta formación de estrelas cambia a forma das galaxias.

Exemplos próximos son: NGC 1705, NGC 2915, NGC 3353 e UGCA 281.[12][13][14][15]

Ananas ultracompactas[editar | editar a fonte]

As galaxias ananas ultracompactas ou galaxias UCD (do inglés Ultra-compact Dwarf) son unha clase de galaxias moi compactas con densidades estelares moi altas, descubertas[16][17][18] na década do 2000. Crese que conteñen uns 100 millóns de estrelas.[19] Teorízase que son os núcleos de galaxias ananas elípticas nucleadas que foron despoxadas de gas e de estrelas periféricas polas interaccións mareais, e viaxaron a través do corazón de ricos cúmulos.[20] Atopáronse UCD no Cúmulo de Virgo, cúmulo de Fornax, Abell 1689 e no Cúmulo de Coma, entre outros lugares.[21] Nunha particular e sen precedentes gran mostraxe o equipo da Next Generation Virgo Cluster Survey atopou ~ 100 UCD na rexión central do cúmulo de Virgo. Os primeiros estudos relativamente robustos das propiedades das UCD de Virgo indican que as UCD teñen unha distinta dinámica[22] e propiedades estruturais[23] con respecto aos cúmulos globulares. Un exemplo extremo de UCD é M60-UCD1, situada a uns 54 millóns de anos luz de nós, que contén aproximadamente 200 millóns de masas solares dentro dun raio de 160 anos luz; a súa rexión central está ateigada de estrelas situadas unhas 25 veces máis xuntas que as estrelas da rexión da Vía Láctea onde está a Terra.[24][25] M59-UCD3 é de aproximadamente o mesmo tamaño que M60-UCD1 cun raio de luz media, rh, de aproximadamente 20 parsecs pero é un 40% máis luminosa cunha magnitude aparente relativa de aproximadamente −14.6. Isto fai a M59-UCD3 a galaxia coñecida máis densa.[26] Baseándose nas velocidades orbitais estelares, dous UCD do cúmulo de Virgo se cre que teñen buratos negros supermasivos con pesos do 13% e 18% das masas desas galaxias.[27]

Lista de exemplos de galaxias ananas[editar | editar a fonte]

LEDA 677373 está localizada a uns 14 millóns de anos luz.[28]
Galaxia anana DDO 68.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "An irregular island". www.spacetelescope.org. Consultado o 25 August 2016. 
  2. "New Recipe For Dwarf Galaxies: Start With Leftover Gas". Science Daily. 19 February 2009. Consultado o 2015-07-29. 
  3. Jaggard, V. (9 September 2010). "Pictures: New Proof Spiral Galaxies Eat, Digest Dwarfs". National Geographic Society. Consultado o 2012-02-11. 
  4. "Hubble Sizes up a Dwarf Galaxy". ESA/Hubble. 24 October 2011. Consultado o 2011-10-25. 
  5. Metz, M.; Kroupa, P. (2007). "Dwarf-spheroidal satellites: are they of tidal origin?". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 376 (1): 387–392. Bibcode:2007MNRAS.376..387M. arXiv:astro-ph/0701289. doi:10.1111/j.1365-2966.2007.11438.x. 
  6. "New Recipe for Dwarf Galaxies: Start with Leftover Gas". Newswise.com. 18 February 2009. Consultado o 2009-02-20. 
  7. Noyola, E.; Gebhardt, K.; Bergmann, M. (2008). "Gemini and Hubble Space Telescope Evidence for an Intermediate-Mass Black Hole in ω Centauri". The Astrophysical Journal 676 (2): 1008–1015. Bibcode:2008ApJ...676.1008N. arXiv:0801.2782. doi:10.1086/529002. 
  8. "True blue". ESA/Hubble. 15 June 2015. Consultado o 2015-06-15. 
  9. Schombert, J. M.; Pildis, R. A.; Eder, J. A.; Oelmer, A., Jr. (1995). "Dwarf Spirals". The Astronomical Journal 110: 2067–2074. Bibcode:1995AJ....110.2067S. doi:10.1086/117669. 
  10. "An intriguing young-looking dwarf galaxy". ESA/Hubble. 16 March 2015. Consultado o 2015-03-21. 
  11. "WISE Discovers Baby Galaxies in the Nearby Universe". WISE. 2 September 2011. Consultado o 2011-09-03. 
  12. López-Sánchez, Á. R.; Koribalski, B.; van Eymeren, J.; Esteban, C.; Popping, A.; Hibbard, J. (2010). "The environment of nearby Blue Compact Dwarf Galaxies". ASP Conference Series 421: 65. Bibcode:2010ASPC..421...65L. arXiv:0909.5500. 
  13. Papaderos, P. (7 May 2010). "Blue Compact Dwarf Galaxies" (PDF). Centro de Astrofísica da Universidade do Porto. 
  14. Noeske, K.; Papaderos, P.; Cairos, L. M. (2003). "New insights to the photometric structure of Blue Compact Dwarf Galaxies from deep Near-Infrared Studies" (PDF). Göttingen Observatory. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de agosto de 2011. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  15. Meurer, G. R.; Mackie, G.; Carignan, C. (1994). "Optical observations of NGC 2915: A nearby blue compact dwarf galaxy". The Astronomical Journal 107 (6): 2021–2035. Bibcode:1994AJ....107.2021M. doi:10.1086/117013. 
  16. Hilker, M.; Infante, L.; Vieira, G.; Kissler-Patig, M.; Richtler, T. (1999). "The central region of the Fornax cluster. II. Spectroscopy and radial velocities of member and background galaxies". Astronomy and Astrophysics Supplement 134: 75–86. Bibcode:1999A&AS..134...75H. arXiv:astro-ph/9807144. doi:10.1051/aas:1999434. 
  17. Drinkwater, M. J.; Jones, J. B.; Gregg, M. D.; Phillipps, S. (2000). "Compact Stellar Systems in the Fornax Cluster: Super-massive Star Clusters or Extremely Compact Dwarf Galaxies?". Publications of the Astronomical Society of Australia 17: 227–233. Bibcode:2000PASA...17..227D. arXiv:astro-ph/0002003. doi:10.1071/AS00034. 
  18. Smith, Deborah (29 May 2003). "Star search finds millions masquerading as one". Sydney Morning Herald. p. 5. ISSN 0312-6315. 
  19. Anglo-Australian Observatory Astronomers discover dozens of mini-galaxies Arquivado 27 de abril de 2018 en Wayback Machine. 0100 AEST Friday 2 April 2004.
  20. Stelios Kazantzidis; Ben Moore; Lucio Mayer (2004). "Galaxies and Overmerging: What Does it Take to Destroy a Satellite Galaxy?". Astronomical Society of the Pacific Conference Series 327: 155. Bibcode:2004ASPC..327..155K. arXiv:astro-ph/0307362. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2020. Consultado o 04 de xullo de 2017. 
  21. Mieske; Infante; Benitez; Coe; Blakeslee; Zekser; Ford; Broadhurst; et al. (2004). "Ultra Compact Dwarf galaxies in Abell 1689: a photometric study with the ACS". The Astronomical Journal 128 (4): 1529–1540. Bibcode:2004AJ....128.1529M. arXiv:astro-ph/0406613. doi:10.1086/423701. 
  22. Zhang, Hong-Xin; et al. (March 2015). "The Next Generation Virgo Cluster Survey. VI: The Kinematics of Ultracompact Dwarfs and Globular Clusters in M87". Astrophysical Journal. Bibcode:2015ApJ...802...30Z. arXiv:1501.03167. doi:10.1088/0004-637X/802/1/30. 
  23. Liu, Chengze; et al. (November 2015). "The Next Generation Virgo Cluster Survey. X: Properties of Ultracompact Dwarfs in The M87, M49 and M60 Regions". Astrophysical Journal. Bibcode:2015ApJ...812...34L. arXiv:1508.07334. doi:10.1088/0004-637X/812/1/34. 
  24. Strader, Jay; Seth, Anil C.; Forbes, Duncan A.; Fabbiano, Giuseppina; et al. (August 2013). "The Densest Galaxy". Astrophysical Journal Letters 775 (1): L6. Bibcode:2013ApJ...775L...6S. arXiv:1307.7707. doi:10.1088/2041-8205/775/1/L6. Consultado o 25 September 2013. 
  25. "Evidence for densest galaxy in nearby universe". Phys.org (Omicron Technology Ltd). 24 September 2013. Consultado o 25 September 2013. O que fai que M60-UCD1 sexa tan salientable é que aproximadamente metade da súa masa se encontra dentro dun raio de só uns 80 anos luz. A densidade de estrelas é de aproximadamente 15 000 veces maior, o que significa que as estrelas están 25 veces máis próximas unhas doutras que na rexión da Terra da galaxia Vía Láctea. 
  26. Sandoval, Michael A.; Vo, Richard P.; Romanowsky, Aaron J.; Strader, Jay; Choi, Jieun; Jennings, Zachary G.; Conroy, Charlie; Brodie, Jean P.; Foster, Caroline; Villaume, Alexa; Norris, Mark A.; Janz, Joachim; Forbes, Duncan A. (23 July 2015). "Hiding in Plain Sight: Record-breaking Compact Stellar Systems in the Sloan Digital Sky Survey". The Astrophysical Journal 808 (1): L32. Bibcode:2015ApJ...808L..32S. arXiv:1506.08828v2. doi:10.1088/2041-8205/808/1/L32. 
  27. Ahn, C. P.; Seth, A. C.; den Brok, M.; Strader, J.; Baumgardt, H.; van den Bosch, R.; Chilingarian, I.; Frank, M.; Hilker, M.; McDermid, R.; Mieske, S.; Romanowsky, A. J.; Spitler, L.; Brodie, J.; Neumayer, N.; Walsh, J. L. (2017). "Detection of Supermassive Black Holes in Two Virgo Ultracompact Dwarf Galaxies". Astrophysical Journal 839: 72. Bibcode:2017ApJ...839...72A. arXiv:1703.09221. doi:10.3847/1538-4357/aa6972. 
  28. "A stubborn dwarf galaxy". Consultado o 6 July 2016. 
  29. "A galaxy of deception". Consultado o 29 September 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]